O
motín de Aranjuez.
Vamos a explicar este momento
importante, que é un pouco lioso, pero que sen dubida nos da moito
xogo os profesores de historia para explicar que a Historia de España
é un pouco divertida.
Empezamos a contextualizar o
proceso. Nun primeiro momento temos que ver que en España reina
Carlos IV, que ten como ministro plenipotenciario a Manuel Godoy.
Este acababa de firmar un tratado con Napoleón, coñecido co nome de
Tratado de Fontainebleau en 1807. Neste tratado, que tiña
moitas cláusulas que non trataremos aquí, determinaba que por medio
de Alianza entre España e Francia: permitíaselle as tropas
francesas pasar por España coa intención de atacar e conquistar
Portugal. Esta alianza ademais dispoñía que as tropas españolas
apoiarían as tropas francesas na ocupación de Portugal. Esta guerra
que é coñecida como a Guerra das Laranxas foi moi favorable as
tropas franco-españolas, pero tivo unha consecuencia inesperada.
O propio Godoy deuse conta de que
as tropas francesas non estaban unicamente pasando por España, senón
que estaban preparando a invasión de Portugal, pero tamén de
España. Isto levouno a organizar unha fuxida da Familia Real:
primeiro a Aranjuez, logo a Cádiz e, por último, escapar a América
se era necesario. Pero as persoas que se opoñían a Godoy,
especialmente o Príncipe de Asturias, aproveitaron a situación para
organizar un Motín e sacalo do poder.
Este motín aconteceu en marzo de
1808, e foi coñecido como o Motín de Aranjuez. Nel Fernando, o
Príncipe de Asturias, e toda a súa camarilla organizar un intento
de golpe de estado. O golpe saíulle tan ben, que non so sacou a
Godoy do poder, senón que incluso conseguiu que Carlos abdicará
nel. Así o 19 de marzo de 1808 Fernando converteuse en Fernando VII.
Pero o problema é que isto non
beneficiaba os plans de Napoleón, e provocou toda unha serie de
acontecementos que son moi curiosos. Napoleón convoca a Fernando VII
e Carlos IV a Baiona (Francia) para falar da nova situación e mediar
entre eles. Alí Napoleón aproveita a situación para afianzar o seu
poder: obrigándolle a Fernando e a Carlos a abdicar en Napoleón.
Este a súa vez dálle a coroa do trono español ó seu irma: Xosé
Bonaparte. Carlos IV e Fernando VII quedan como prisioneiros de
Napoléon, mentres Xosé I vai a buscar o seu novo reino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario