Cortes de Cádiz
As Cortes da
Cádiz nacen como necesidade de manter un goberno forte e coordinado,
mentres se loita contra ós franceses na Guerra de Independencia.
O Consello de
Rexencia convoca as Cortes cunha dobre intención: coñecer a vontade
do País e impoñer unhas reformas necesarias para poder manter o
esforzo de guerra.
Pero como vimos
ata o momento existen dous modelos diferentes para convocar as
cortes: un sistema do Antigo Réxime e os modelos liberais que
apareceron en Europa. Ante a nova situación de guerra o modelo
vitoriosos vai ser o modelo liberal Iso vai a implicar que as cortes
van a estar formadas por deputados de clases medias e urbanas, na súa
maior parte defensores do liberalismo. Pero iso non implica que
dentro das cortes non existan defensores do Antigo Réxime, por iso
vamos a ver que houbo deputados que defendían: o liberalismo e o
absolutismo. Motivo polo cal vai a haber profundas discusión sobre o
novo modelo de Estado e como organizar o país.
Pero o máis
importante é que eles, os deputados, vanse considerar os garantes da
soberanía. Eles son os representantes lexítimos do pais, e ante a
ausencia dun poder establecidos eles son os que deben guiar a nación
cara o futuro. As cortes exercen deste modo a
Soberanía Nacional,
cousa que ratificaran máis tarde nunha constitución.
O mesmo tempo
vai a levar a cabo toda unha serie de medidas como : a abolición do
sistema feudal, a supresión do Tribunal da Inquisición, a
regulamento das estruturas do estado en deputacións provinciais e
concellos, etc.
A partires de
1811 deciden a elaboración dunha constitución que vai a ser
aprobada e ratificada en 1812.
Constitución de 1812
As Cortes de Cádiz deciden elaborar unha
constitución seguindo o modelo liberal que apareceu nos Estados
Unidos de América e en Francia, durante a Revolución Francesa.
Seguindo ambos modelos van facer unha das constitucións máis
progresistas da época, pero que marca unha certa continuidade co
sistema anterior.
Esta constitución vai ser promulgada o día 19 de
marzo de 1812, dando lugar a un simpático alcume: a Pepa,
xa que foi promulgada o día de San Xosé.
Na devandita constitución promúlganse as
seguintes características: Proclama a soberanía nacional, proclama
a separación de poderes, establece a monarquía como sistema de
goberno, defende toda unha serie de liberdades e dereitos dos
cidadáns, defende a igualdade xurídica de tódolos individuos,
recoñece a propiedade privada como un dos dereitos fundamentais,
crease a Milicia
Nacional,
defende o Catolicismo como
relixión oficial do Estado, establece unha forma de estado baseado
na unidade da “nación española”, defende un sistema de goberno
organizado mediante a centralización, etc.
Esta establece un sistema liberal e moderno, moi
de acordo co sistema imperante no resto de Europa, servindo o mesmo
tempo de modelo a outras moitas constitucións, tanto en Europa como
en América.
Esta constitución vai estar vixente ata que
Fernando VII de Francia en 1814, dando a volta cara ó absolutismo,
pero iso vamos a comentalo noutro apartado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario