Trala derrota de Napoleón, as
monarquías europeas buscan recuperar todo do seu poder (pretenden
reimplantar o Absolutismo). Intentan facer un sistema onde se esqueza
todo o proceso revolucionario en Francia e as súas consecuencias en
Europa. Este sistema foi chamado o Sistema da Restauración, e
mantívose en Europa entre 1815 e 1845,
CONGRESO
DE VIENA (1815).
- As potencias europeas vencedoras da Guerra contra Napoleón. Entre as potencias atopamos a: Reino Unido, Prusia, Rusia e Imperio Austríaco. Este foi organizado por Metternich, chanceler de Austria. Este congreso organizou un sistema de equilibrio de forzas entre tódalas potencias europeas.
- Pretenden restaurar un sistema de equilibrio e buscaban restablecer o Antigo réxime baseándose en tres principios:
- Lexitimismo: Busca volver a implantar as dinastías lexitimas nos seus antigos tronos. Exemplos: recolocar os Borbónicos en España e Francia.
- Defender o Absolutismo: Derrogar as reformas propias do liberalismo, implantadas por Napoleón ou inspiradas na Revolución Francesa.
- Equilibrio Internacional: Pretende que Europa se manteña nunha situación de equilibrio, na que ningunha potencia debe posuír demasiado poder, e na mesma situación que anterior a Revolución Francesa,
- Este sistema non tivo en conta ó pobo, nin os intereses dos grupos liberais-burgueses.
Para
isto van a usar un sistema de alianzas que se coñece co nome de
Cuádrupla Alianza e Santa Alianza.
A
CUÁDRUPLA ALIANZA.
Esta
é unha alianza formada polas grandes potencias do momento (Reino
Unido, Prusia, Rusia e Austria) que pretenden manter os preceptos
firmados durante o Congreso de Viena. Evitando que Napoleón, ou
calquera outra persoa, volva a ameazar o equilibrio de Europa.
TRATADO DE
SANTA ALIANZA (1815).
Foi
un acordo organizado por Metternich e firmado polos grandes imperios
de Europa que defenden o absolutismo: Prusia, Rusia e Austria.
- Esta alianza pretendía defender o absolutismo. Aceptan a intervención militar en calquera dos territorios europeos que implanten medidas de carácter liberal. Neste caso non participou o Reino Unido, xa que considera que non debe meterse nestes asuntos, e ela acepta certas ideas do Liberalismo.
- Acoden no auxilio de calquera monarquía que teña que someterse ós principios do liberalismo.
- Exemplo: “Os cen mil fillos de San Luis” acoden a salvar os principios absolutistas en España, cando triunfa o Trienio Liberal (1820-1823).
O
congreso de Viena(1815) vai ter que loitar contra dous grandes
inimigos o liberalismo e a aparición dos nacionalismos, pero iso xa
o comentaremos noutra das entradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario