24 xaneiro 2016

Notas de Recuperación.

Maña no recreo vamos a ver todos os exames de recuperación da primeira avaliación. Vou estar na sala de profesores para que vexades os exames e as notas.

23 xaneiro 2016

O Movemento Obreiro.

Reacción contra o sistema Capitalista.
A nova situación social e económica, provocada pola revolución industrial provocou movementos de reacción, contra o capitalismo. Entre estes movementos destacou:
  • Ludismo. Movemento de destrución de maquinas, os obreiros culpaban as maquinas dos seus baixos salarios, a perda de postos de traballo e das súa malas condicións económicas e de traballo.
    • Movemento iniciado por Ned Ludd en Inglaterra, e no caso de España a Fabrica de Tabaco da Coruña.
  • Aparición dun sentimento de pertenza a clase obreira ou Conciencia de Clase Obreira. Os obreiros únense para defender os seus intereses fronte os grandes empresarios.
    • Organizaron Sociedades de Socorro ou Sociedades de Axuda Mutua, buscaba axudar os proletarios en caso de enfermidade ou paro. Estas sociedades estaban formadas por un conxunto de obreiros que aportaban unha pequena cantidade de cartos, para que no caso de que houbera algún problema puideran axudarse entre eles.
    • Estas Sociedade de Socorro Mutuo evolucionaron en Sindicatos, que buscaba mellorar as condicións laborais dos obreiros. Os sindicatos son sociedades que buscan a defender os dereitos dos traballadores. Os primeiros éxitos destes sindicatos foi a creación das Trade Unions en 1824 en Inglaterra, creando unha lei que permitía as asociacións obreiras.
      • Existen sindicatos de varios tipos:
        • Anarquistas.
        • Socialistas.
        • Comunistas.
        • Cristiáns.
        • Etc.
    • A Folga vai ser unha das armas de loita das clases traballadoras, que os comezos non era legal, e era reprimida violentamente.








Anarquismo: unha forma diferente de ver o mundo.

O anarquismo.


Esta baseado nas teorías propostas por Mijail Bakunin e Kropotkin.
Basease en tres principios:
  • Considerase primordial a liberdade individual e a solidariedade entre os individuos. 
  • Defende a creación de propiedade colectiva, negando a necesidade da propiedade privada. 
  • Rexeita calquera forma de goberno, nega a necesidade do Estado e defende unha forma de goberno colectivo. 
No caso do anarquismo negase a participar en política. Polo que decide actuar a través de sindicatos ou médiente a acción violenta contra as clases burguesas e o Estado.
Aspira a creación dunha sociedade anarquista:
  • A creación dunha sociedade baseada en comunas autoxestionadas. 
  • Cada comuna é autónoma e funciona segundo os criterios dos seus membros. 
  • Non existiría a propiedade privada. 


O marxismo: unha nova ideoloxía.

MARXISMO.

Tamén chamado: "Materialismo Histórico" foi creado por Karl Marx e Friederich Engels durante o século XIX para inter crear un novo modelo de sociedade, que equilibrara as cousas.
·       Manifestaba a existencia dun modelo social baseado en:
o   A Existencia dunha loita de clases o longo da historia, onde os pobres viven sometidos as clases altas ou privilexiadas.
§  Na sociedade Capitalista os privilexiados son as clases altas ou Burguesía, e os sometidos son as clases obreiras ou proletariado.
·       Defendía a disolución do sistema capitalismo e a creación dunha sociedade sen clases.
o   Manifestaba a necesidade dunha revolución social, que levara a o proletariado o poder.
o   Este será levado a cabo pola creación de partidos políticos obreiros. Estes partidos defenderon os intereses das clases traballadoras, promovendo mellora dos salarios, redución da xornada laboral, etc.
·       Isto levara a Ditadura do Proletariado, que cando este asentada levará a creación dunha sociedade comunista.

A sociedade comunista é unha sociedade igualitaria, no que non existiría a propiedade privada.

A nova sociedade creada coa Revolución Industrial.


SOCIEDADE DE CLASES.



Estamos nunha nova sociedade que chamamos sociedade de clases, esta nova sociedade baséase no poder económico e social dos individuos. Con iso quero dicir que as persoas podemos encadralas dentro da sociedade segundo o seu poder económico e a súa validez social. Hai unha frase que pode indicar moi ben esta realidade: “Tanto eres, tanto vales”. Isto quere dicir que a túa posición social vai estar relacionada con numero de cartos que tes.


Para iso temos que dicir que xa non estamos nunha sociedade que se organiza por estamentos, como era típico do Antigo Réxime, senón que vamos ter unha sociedade que podemos dividir en clases. Aínda que en realidade podemos dividila en dous grupos as clases dominantes e as clases dominadas.

CLASE DOMINANTE.



A clase dominante podemos dividila a súa vez en clase alta e clase media, que iremos explicando un pouco máis adiante. Esta esta formada polos restos da antiga nobreza, que sigue conservando a maior parte das súas terras e un enorme poder económico; e a burguesía: un grupo social moi poderoso que vai a acaparar todo o poder e as riquezas da sociedade.


A burguesía presentou un importante ascenso social o longo de todo o século XVIII e XIX. Esta xa era poderosa polo seu gran poder económico, propio das súas actividades económicas (comercio e industria); pero tamén comezou a participar na política grazas a implantación do liberalismo. A apertura que se produciu en Europa e no resto do mundo, despois da Revolución Francesa e as revolucións do s. XIX

Este grupo social vai estar formado da seguinte maneira:

Clase Alta.

A clase alta está formada por os grandes propietarios agrícolas (donos dos latifundios), os grandes industriais (propietarios de inmensas fábricas e minas), os banqueiros que controlan os grandes bancos e os grandes comerciantes (que se dedicaban o comercio internacional).

Os membros da clase alta vai ter un forma de vida de elite: residindo en barrios luxosos con grandes casas, onde vivían rodeados de luxos e criados. En moitos casos desfrutaban de tempo de lecer (desfrutando de vacacións luxosas, balnearios, teatros ou cines, etc.). En moitos casos estes burgueses imitaron ou adoptaron un modo de vida similar os da nobreza, e tamén intentaron ennobrecerse mediante o casamento con familias nobres ou a compra de títulos nobiliarios.

Clase Media.

Dentro das clases medias atopamos a mediana burguesía formada por: pequenos industriais, pequenos comerciantes e o que coñecemos como profesións liberais; e unha baixa burguesía formada por tendeiros, donos de pequenos talleres e donos de pequenos negocios.

En moitos casos esta burguesía realizou estudios medios e superiores, que lle permitiron estar dentro da elite intelectual e cultural da súa época. A burguesía acabou creando unha ideoloxía na que se valora o traballo como medio de realización do ser humano, a busca do éxito persoal e os valores familiares.


CLASE DOMINDADA.



A clase dominada está formada polas masas de poboación que traballan para vivir, e estaría formada por: proletarios e campesiños. A situación de ambos é pésima, xa que as súas condicións de vida e traballo son miserentas. Traballa un monte de horas para poder sobrevivir, e moitas veces nunhas condicións laborais que case poderíamos equiparar coa escravitude. 

Dentro das súas condicións laborais podemos ver:
  • Longas xornadas de traballo que poden chegar a superar as 16 horas diarias, e traballando seis días a semana.
  • Condicións de traballo insalubres. As fábricas apenas presentan condicións hixiénicas.
  • Non existía dereito a un seguro de enfermidade. No caso de que non foras a traballar porque estiveras enfermo: pois non cobrabas.
  • Non existía dereito a seguro de accidentes. No caso de que tiveras un accidente na fabrica, pois non tiñas dereito a unha indemnización por danos, e tampouco cobrabas mentres non traballabas.
  • Non existía dereito de desemprego, ni o subsidio de desemprego. Se o xefe decide despedirte ou que non sigas no traballo non tes dereito a nada: nin a indemnización por despido, nin a un subsidio por desemprego (o que coñecemos como cobrar o paro).
  • Non existía dereito a xubilación. Pois non había ningún tipo de sistema de pensións que cobraras cando foras maior. Ti traballabas ata que podías, e cando non podías debías recorrer a vivir da axuda dos fillos ou da familia.
  • Os salarios eran miserentos. Os empresarios intentaban pagar o menos posible os empregados, así que xa vos imaxinades como eran os salarios. E o salarios eran moito peor para as mulleres, que cobraban a metade dun home, e para os nenos que cobraban un terzo do soldo dun home adulto.
  • Permitíase o traballo infantil. Moitas veces os nenos comezaban a traballar con 5 ou 6 anos
Pero as súas condicións de vida fora da fábrica non eran mellores, xa que vivían en barrios miserentos, onde as condicións de hixiene brillaban pola súa ausencia. As casas eran pobres, feitas de materiais pobres e moi mal acondicionadas. Ademais as familias vivían amoreados en pequenos cuartos, onde malvivían. O que acababa provocando grandes problemas de vida como: enfermidades, deterioro físico, problemas de alcoholismo, prostitución, desestruturación das familias, etc.

Proletarios.

Formado por todo o conxunto de persoas que forman a forza de traballo ou a man de obra das fábricas ou das actividades comerciais ou mineiras.

Campesiñado.

Formado por os campesiños.

Pero seguro que non sabes a que nos referimos con esas profesións liberais. Esta son todas aquelas profesións que necesitan unha certa formación intelectual ou educativa, e que se exercen de forma persoal, libre e independente. En moitos casos estas profesións son de carácter independente, xa que eles exercen a súa profesión por si sos, como por exemplo: avogados, médicos, etc. As persoas que teñen profesións liberais reciben uns honorarios polo seu traballo, que ofrecen a persoas particulares ou institucións.