11 xaneiro 2016

A Revolución Agrícola.


Os acontecementos propios do século XVIII tiveron un importante cambio no sistema de produción agrícola, que ten como causa: a necesidade de aumentar a máis poboación e a inventiva de moitos personaxes, que permiten aumentar a produtividade dos campos. Como non estes acontecementos aparecen no Reino Unido, a gran potencia do momento, que necesita cubrir as demandas dunha poboación que creceu ó longo do século XVIII e dunha Industria que comeza a ser punteira.

Sistema Norfolk.
Un deses avances tecnolóxicos que merece unha especial atención é a aparición dun novo sistema de rotación de cultivos, que se coñece co nome de Sistema Norfolk. Este foi creado por un aristócrata interesado pola agricultura (Charles Townshend), que tras deixar os seus cargos políticos implantou o seu sistema de cultiva nas súas posesións de Norfolk. Este sistema consistía na rotación cuatrienal, na que se combinaban: o primeiro ano, cereais como o trigo, o centeo, o millo; o segundo ano cultivábanse nabos; o terceiro ano, cultivábase cebada (tanto para consumo humano como animal); e o cuarto ano cultivábanse plantas forraxeiras como o treból ou alfalfa. Este sistema ten a vantaxe de poder subministrar alimento tanto a seres humanos, como sustentar unha cabana gandeira que a súa vez pode aportar abonos. Este sistema permite que se abandone o sistema de barbeito, e a terra sempre esta producindo algo útil para o propietario.

Outro dos grandes inventos é a aplicación de maquinaria a agricultura, no que se permite aforrar man de obra e sobre todo facer as actividades de forma moito máis sinxela e rápida. Entre todas estas maquinarías podemos destacar a aparición da maquina sementadora creada por Jethro Tull.
Maquina sementadora de Jethro Tull e un retrado do seu autor.
No seguinte enlace podedes ver un vídeo do funcionamento dela, sei que o vídeo esta en inglés, pero podemos entender perfectamente o seu funcionamento.
Uso da sementador de Jethro Tull.

Pero tamén temos trilladuras, e maquinas que comezaron a usar a máquina de vapor para exercer a súa forza de traballo.


A todo isto debemos sumar o aumento da cabana gandeiras, que existen sobre todo no caso de Inglaterra no gando ovino, xa que era un tipo de gando moi abundante e moi usado polo seu aspecto de tecidos lanares. Esta aumento grazas o desenvolvemento do sistema Norfolk, que lle permitiu producir o mesmo tempo alimentos para o gando e para o consumo humano. O aumento da produtividade das plantas forraxeiras, permitiu aumentar a cabana gandeira, que o mesmo tempo permitiu aumentar a produción de abonos naturais, que eran destinados de novo ós campos. Todo isto repercutiu no aumento da produtividade agrícola.

Tamén temos que ver a importancia no cambio da propiedade da terra. Temos que ter conta que Inglaterra é un pouco diferente do resto de países de Europa polas súas propias peculiaridades políticas, económicas, culturais e relixiosas neste tema. Sei que non parece moi lóxico analizar todo isto para falar do cambio na propiedade privada, pero ten o seu sentido.

Por razón políticas Inglaterra e diferente, xa que marcou unha lexislación sobre a propiedade agrícola en 1864 mediante as Enclosure Act. As Enclosure Acts, ou Leis de Cercamento, obrigaron a que todas as propiedades privadas do campo estiveran cercadas. Isto provocou un gran desaxuste social, xa que moitos dos pequenos campesiños, que apenas tiñan para sobrevivir: tiveron que pagar o cercamento ou perdían as terras. Isto provocou que os campesiños que puideron permitilo cercaron as súas terras, pero a maior parte dos campesiños tiveron que vender as terras para non quedarse sen nada. Isto motivou que moitos campesiños venderan as súas terras ós grandes latifundistas, burgueses enriquecidos que aspiraban a vivir de rendas como os nobres ou aproveitados. A cambio disto, en moitas ocasións, estes mesmo campesiños podían seguir traballando a terra pero como xornaleiros ou tiñan que marcharse as cidades na busca de traballo nos sectores industriais ou comerciais.

No ámbitos cultural ten tamén a súa importancia debido a que na mentalidade da época, os ingleses sonche un pouco diferentes ó resto dos europeos, especialmente no caso de que os británicos, incluído a nobreza (que niso si se diferencia do resto da nobreza europea), ten unha mentalidade emprendedora. Existe unha cultura ou mentalidade de desenvolvemento da agricultura, da industria e das actividades comerciais. Esta mentalidade levou a moitos dos nobres a intentar modernizar as súas terras e acumular terras para favorecer a súa mecanización. Estes dous elementos posibilitaron o desenvolvemento da Revolución Agrícola, pero o mesmo tempo, potenciaron o desenvolvemento da promulgación desta Enclosure Acts. Son os nobres e os burgueses, aliados por un sentido de inversión común, os que propician e desenvolven a aprobación destas leis.

Creo que no aspecto económico non debo dicir moito, pois creo que deixei claro, que o obxectivo dese Liberalismo Económico que tratamos o longo de temas anteriores, e neste mesmo tema, deixan claro o interese dos británicos en desenvolver o Capitalismo. Esa teoría económica que busca o beneficio económico, e o plantexamento da Lei da Oferta e a Demanda. Sen esta mensualidade, non se darían as Enclosure Acts, e moito menos daríase a Revolución Industrial. Esa mentalidade tamén levou aparellada que os beneficios sacados grazas o aumento da produtividade foran reinvertidos noutros sectores económicos: volvendo a agricultura, indo cara a industria ou sendo reinvertida na actividade comercial.

No caso do aspecto relixioso é unha cousa moi especial, xa que Inglaterra ten unha situación moi especial. isto non o comentei en clase, pero o bo do blogue é que aquí teño máis tempo para desenvolver todas estas cousas, que as veces me quedan cortas para explicar. O asunto relixiosos ven dos tempos de Henrique VIII de Inglaterra. Creo que algún de vós, ou iso espero, se acordará de o tema do Anglicanismo. O feito de que en tempos de Henrique VIII, cando se deu o abandono do Catolicismo, o monarca de Inglaterra fíxose co control da Igrexa e de todas as terras que posuía a Igrexa. Isto permitiulle ter ó monarca o control dunha enorme cantidade de terras, que puxo a producir para conseguir beneficio, pero en caso de que non puideran podían poñerse a venda. Isto non aconteceu igual na Europa Católica, na que moitas das terras da Igrexa non producían tanto, e non podían ser vendidas. En moitos casos dise que as terras da Igrexa estaban en "mans mortas", xa que a Igrexa as tiña en propiedade, pero non lles sacaba todo o beneficio posible. Pero como vemos Inglaterra era diferente, e moitas desas terras foron modernizadas durante a Revolución Agrícola: cousa que non sería posible se seguiran nas mans da Igrexa. Teño que dicir, para aclarar isto, que a Igrexa o que facía na maioría de Europa era arrendar as terras, ou parte das súas terras, ós campesiños a cambio dunha renda en especie: que logo vendía. Con iso mantiña un gran poder económico, pero deixaba a produción en mans de campesiños, o que implicaba unha escasa modernización ante a falta de investimentos ou afán de beneficio, xa que o beneficio acababa recaendo sempre na Igrexa. Isto non aconteceu no Reino Unido, debido a todo este conxunto de factores que acabo de analizar.

Como consecuencia desta Revolución Agrícola podemos ver tres elementos principais:
  1. Aumento da produción agrícola.
  2. Reinvertir os beneficios agrícolas na propia modernización da agricultura ou nos novos sectores económicos. (sobre todo na Industria Téxtil, na Industria Siderúrxica e nos novos medios de transporte e as actividades comerciais)
  3. A gran maioría dos campesiños que se quedan sen terras, debido ós cerramentos, son man de obra para o desenvolvemento da Industria e do Comercio.






Ningún comentario:

Publicar un comentario