23 xaneiro 2016

As consecuencias da Revolución Industrial.

CONSECUENCIAS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Como xa levo dicindo, e insistindo ó longo de todo o tema: a Revolución Industrial é un todo. Todo esta relacionado e conectado, así que as consecuencias deben verse en común.
O primeiro cambio que debemos ver é unha nova forma de organizar os países e de dividilos. Agora os países máis poderoso van ser os países industrializados, porque este países van ser máis ricos e poderosos, mentres que os países que se queden atrás na Revolución Industrial van ser considerados como países de segunda categoría. Desta forma para medir o desenvolvementos dos países, vamos a dividilos en:
  • Países Industrializados.
  • Países non Industrializados ou países en vías de desenvolvemento.


A Revolución Industrial impulsou o desenvolvemento doutras actividades económicas: agricultura, industria (en todos os seus ámbitos), transporte, comercio, capitalismo, etc. Por dicilo dunha forma sinxela, canto máis industria teña un país máis modernizarase o resto de sectores, xa que o progreso fomenta o progreso.
Tamén modificou as formas de vida, xa que provocou un cambio nas cidades e no mundo rural. O mundo rural vai ter un exceso de poboación, debido a que as mecanizacións van quitar traballo. Isto acaba provocando un éxodo rural, no que as poboación campesiñas sen traballo van ir as cidades na busca de mellorar a súa situación. Isto vai acabar provocando unha migración do campo a cidade. Pero porque van as cidades: moi sinxelo, alí atópanse as fábricas e novos empregos (do mundo comercial, financeiro e dos transportes). Isto vai provocar o crecemento das cidades tanto en tamaño como en poboación.
Outro dos cambios máis importantes e a creación dunha nova organización social, da que xa falaremos nunha entrada en concreto, pero na que vemos: ascenso social da burguesía, aparición do proletariado e aparición da sociedade de clases.
Pero vemos que un dos cambios máis importante é o desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía. Esta vai ser usada en un primeiro momento para mellorar a produción industrial, pero logo vai ser aplicado directa ou indirectamente para a mellora da sociedade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario