A verdade é que a Revolución Demográfica é un feito que acontecen en Inglaterra, pero pode verse o longo de gran parte de Europa durante o s. XVIII. Esta Revolución Demográfica manifestase nun aumento da poboación inglesa, e europea, de forma impresionante, e que cambiaron moitos elementos da sociedade do Antigo Réxime. Tendo importantes consecuencias dentro da nosa historia.
Para que a Revolución Demográfica fose posible foron necesarios unha serie de cambios que viñeron propiciados pola Ilustración. A ilustración perseguía o beneficio da sociedade, non so nos ámbitos políticos, económicos e culturais, senón tamén nos da vida diaria. A Ilustración pretende que a ciencia sexa aplicada a sociedade, e dentro deste destaca a aplicación dos novos avances médicos: as vacinas, os medicamentos e a instauración dun sistema médico eficiente. Isto levou a que a medicina fora mellorada tanto na formación de médicos, como na implantación de hospitais onde aplicar esas melloras. Non sempre se conseguiu, pero polo menos hai toda unha serie de iniciativas que funcionaron, e melloraron a vidas dos habitantes do século XVIII. Pero non so se quedaron aí, senón que intentaron crear todo un sistema para mellorar a saúde das poboación mediante políticas de hixiene publica, que triunfaron dependendo do goberno que as aplicara. Entre estas medidas podemos atoparnos dúas medidas moi importantes: a implantación de un sistema de sumidoiros para eliminar das cidades os residuos e os desperdicios, pero tamén a creación dun sistema de traída de auga potable, en boas condicións, cara as cidades. Porque isto supuxo unha importante mellorar, pois é moi simple de explicar:
- A eliminación das augas fecais por medio do sistema de sumidoiros, permite evitar a difusión de enfermidades e pandemias, pero ademais debemos entender que os antigos sistemas podían provocar outros tipos de problemas as cidades.
- A entrada de auga potable de calidade, serve non so para o consumo de auga limpa, que claro que mellora a saúde das persoas, senón que tamén permite unha maior limpeza.
Se a iso sumamos que durante o s. XVIII houbo unha menor incidencia das pandemias como a peste, a varíola, a febre tifoide, a gripe, etc. (que en moitos casos é pola aplicación desas medidas de hixiene): temos unha mellora nas condicións de vida das poboacións.
Como vimos no tema da Ilustración, tamén houbo unha mellora na agricultura e na artesanía, permitindo o desenvolvemento da economía. Se a economía vai ben, as cousas van mellor para a poboación, pois a poboación crece. Iso é o que acontece durante a Revolución Demográfica, como podemos ver no seguinte cadro.
Pero debido ó que coñecemos como Revolución Demográfica esta aumento da poboación, potenciado pola Revolución Agrícola e a Revolución Industrial, vai alcanzar uns niveis non coñecidos ata o momento. Neste caso podemos ver o caso de Reino Unido.
Pero tamén vemos que isto acontece a un nivel parecido noutros países europeos, pero como xa veremos neles a introdución da Revolución Industrial entra de forma máis tardía, tamén o fará de forma máis tardía a Revolución Demográfica. Moitos dos países europeos (como por exemplo Alemaña, Rusia ou España) entran mais tarde na revolución demográfica.
Isto acaba provocando un cambio que se coñece co nome de Transición de Réxime Demográfico. Este supón unha serie de cambio entre a situación demográfica durante o Antigo Réxime e a nosa sociedade actual.
A poboación do Antigo Réxime, que no gráfico coincide coa Fase 1, podemos ver como a natalidade é moi alta (máis de 35 ‰) e a natalidade é moi alta (máis do 40‰). Isto significa de que nunha poboación de cada mil habitantes hai uns 40 nacementos e unhas 35 defuncións o ano de media. Pero cando entra a Revolución Demográfica pasamos a un cambio fundamental, que podemos ver na Fase 2: a natalidade mantense alta, pero baixa a mortalidade. Todo isto debido a melloras na alimentación a redución das pandemias, a aplicación de medicina e medidas de hixiene, etc. Isto acabou provocando un aumento da poboación. A continuación cando se consolidan todos estes cambios vemos o paso a Fase 3, onde se consolidan eses cambio e a natalidade baixa debido a que non é necesario ter tantos fillos para poder asegurarse que algún sobreviva, como pasaba durante o Antigo Réxime. A Fase 4 é a situación típica dunha sociedade na que a Revolución Industrial esta consolidada e a poboación segue crecendo pero de forma máis estable. A Fase 5 e propia do que se coñece como sociedade postmoderna, que non entra no noso tema, pero podo dicirvos que é a nosa sociedade actual. Nesta última fase a poboación vai caendo, xa que a natalidade e baixa, máis baixa que a mortalidade.
As consecuencias desta revolución industria son moi claros: o aumento da poboación. Pero estes cambios leva aparellado unha serie de cambio na sociedade:
- Aumento da demanda de produtos agrícolas, industriais e comerciais.
- Isto fixo necesario o desenvolvemento da industria, da agricultura e do comercio para poder soster a ese aumento da poboación. Isto fixo necesario que se crearan novas formas de producir en todos os sectores económicos.
- Deu un aumento da man de obra, que podía dirixirse cara calquera dos sectores económicos, pero que en realidade vai ir cara a Industria, como veremos logo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario