REVOLUCIÓN COMERCIAL.
Causas.
En primeiro lugar debemos ter en conta que todo esta conectado, así que non
podemos entender a revolución da actividade comercial, sen ter en conta as
outras revolucións que acabamos de ver en clase (demográfica, agrícola, industrial
e dos transportes. Pero tamén debemos destacara que para o caso da revolución
do comercio hai unhas máis importantes que outras.
Aumento da
demanda.
O aumento da demanda das industrias, que precisan de máis materias primas
para desenvolver a súa propia actividade, pero tamén a demanda de que os seus
produtos cheguen ó consumidor. Isto acaba provocando o desenvolvemento do
aumento dos intercambios a nivel nacional e internacional. Agora móvense
millóns de toneladas de produtos que van ó longo de todo o planeta.
Pero tamén debemos ter en conta o aumento da poboación, que iso fai
necesario que as cidades estean abastecidas dos produtos básicos (alimentos,
auga, etc.) e de todos eses produtos industrias que necesitan para levar un
nivel de vida desexado.
Mellora na rede
de transportes.
Pero este aumento do transporte non podía ser posible senón houbera unha
mellora nos medios de transporte. As necesidade das industrias e da xente son
importantes para entender o aumento do comercio, pero non foron posibles sen o
desenvolvemento de toda unha serie de melloras nos medios de transportes e nas
infraestruturas.
Entre as melloras nas redes de transporte temos a creación e
desenvolvemento do ferrocarril e do barco de vapor. Ambos inventos son a
aplicación da máquina de vapor os medios de transporte que fan máis barato,
máis rápido e máis regular o transporte de mercancías e persoas.
Pero para iso foi necesario a creación e mellora dunha serie de
infraestruturas como as pontes, as vías férreas, os portos e todo un conxunto
de sistemas de almacenaxe para os produtos.
Consecuencias.
Esta revolución dos transportes trouxo
unha serie de consecuencias que aínda están presente na actualidade.
Especialización
das rexións na produción.
O comercio fixo
unha consecuencia inesperada para moitos, pero que foi moi sinxela de entender:
as rexións vanse especializando na produción dunha serie de produtos dos cales
esta mellor predisposto para realizar. Isto quere dicir que as zonas vanse
especializando na produción.
No caso da agricultura
é moi sinxelo de entender: cada zona produce o que esta mellor predisposto a
producir para vender ese produto a súa zona e as outras zonas do mundo. Isto
ven porque non todos os produtos agrícolas poden producirse en todas as rexións
do planeta; e sobre todo, non sempre podían ser enviados a lugares arredados a
un prezo axeitado, ou sexa con beneficios, ou sen que acaben en mal estado
(debido o tempo de envío). Pero iso vai cambiar coa revolución comercial e dos
transportes, xa que agora os transportes son máis baratos e mais curtos. Isto
provocou que agora podía producirse en lugares arredados e os produtos podían
chegar en boas condicións.
Isto vai
provocar que os mercados compren aqueles produtos de mellor calidade, e as
zonas que os produzan especialízanse en eses produtos.
Pero tamén vai
pasar na produción industrial, xa que as fabricas vanse colocar onde existan
facilidades para conseguir materias primas (preto de portos, vías férreas) ou
onde hai materias primas ou fontes de
enerxía.
Permite
mellorar a venda dos produtos agrícolas en industriais.
Estes cambios
permiten que se vendan mellor e máis rápido todos estes produtos (industriais e
agrícolas). Moitas veces a venda de produtos fanse antes de que os produtos
cheguen ós mercados, e con isto quero dicir que as fábricas compran os produtos
agrícolas e gandeiros antes de que a colleita sexa producida, ou antes de que
os produtos industriais sexan elaborados. A demanda obriga a comprar antes de
que se produza.
Vouvos poñer un
exemplo para que se entenda ben. Temos unha fábrica de conservas que quere
producir tomate en en conversa. Esta fábrica sabe que necesita tomates para o
seguintes 6 meses, pois para asegurarse os tomates chega a un acordo cos
produtores para que lle subministrasen tantas toneladas de tomates, antes
incluso de que as plantas produzan.
Aumento da
activade comercial.
Creo que isto
non fai falta moita explicación, pero a medida que os outros pasos van
evolucionando vai crecendo máis e máis a actividade comercial ata converterse
nunha das principais actividades comercias do mundo.
Desenvolvemento
de políticas librecambistas.
Estas novas
formas de comercio obrigan a moitos países para favorece esta actividade
comercial a implantar políticas librecambistas. As políticas librecambistas
implican que os gobernos facilitan a entrada e saída dos produtos (agrícolas e
industriais). Para facilitar a entrada de produtos o que fan os gobernos é eliminar,
ou polo menos baixar, as taxas de alfándegas. As taxas de alfándegas son
impostos que pagan os comerciantes o introducir produtos nun país.
O problema é que
si un pais é proteccionista, ou sexa ten unhas altas alfándegas, dificulta a
entrada de produtos para as súas empresas; pero tamén fai que outros países non
queiran comprarlle a el. Isto acaba obrigando ós países a impoñer políticas
librecambistas: polas boas ou polas malas.
Mellorou o
abastecemento de alimentos ás cidades.
Pero sen dubida
unha mellora vai ser o abastecemento das cidades. As cidades van recibir moitos
máis produtos para que os seus habitantes teñan todo o necesario para vivir.
Isto, en principio, vai provocar que non existán fames ou problemas de
abastecemento de alimentos como no Antigo Réxime: xa que si nun país había
malas colleitas, isto solucionábase coa importación de materias dende outro
país.
Proporcionou as
materias primas necesarias para a industria.
As fábricas van
ter mellor acceso as materias primas, xa que o mercado internacional vai
favorecer o abaratamentos dos produtos e do seu transporte. Isto vai levar a
que se reducen os custos e aumentan os beneficios para as empresas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario