
Como iremos analizando as sucesivas fases da Revolución Industrial, aquí so vos deixo por agora un esquema sobre as fases da Revolución da Industria. Aquí nesta entrada só trataremos a I Revolución Industrial. que é o nos toca neste tema.
Esta revolución esta enlazada, como xa vimos anteriormente, cunha serie de cambio que aconteceron en Inglaterra durante o século XVIII e comezos do XIX, que logo se van a ir difundindo pouco a pouco por Europa e o resto do mundo, pero iso xa o veremos máis adiante.
Un dos primeiros elementos que nos afectan durante a Revolución da Industria foi o cambio dunha produción artesanal propia do Antigo Réxime cara o que coñecemos como Factory System. Para ver ese cambio déixovos o seguinte esquema, que xa expliquei en clase.
O Factory System significa unha serie de cambio no sistema de produción moi importantes, xa que se substitúe o traballo manual polo traballo das maquinas, que fan o traballo moito máis rápido; pero tamén están movidas por novas fontes de enerxía. Isto é un dato importante, xa que o Factory System mobiliza unha nova serie de enerxías como pode ser: a enerxía hidráulica e a enerxía proporcionada pola máquina de vapor, inventada por James Watt.
Ningún comentario:
Publicar un comentario