I REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.
Evolución dende un sistema de
produción artesanal cara o Factory System non foi fácil nin
sinxelo, e en moitos casos levou moitos anos ou décadas. Pero para
entender todo este proceso debemos ter en conta a evolución dende o
sistema propio do Antigo Réxime ata o que coñecemos como Factory
System o sistema de fábricas. Debemos comezar dicindo sobre isto,
que o Factory System aparece por primeira vez no Reino Unido, por iso
se coñece na maioría dos casos co seu nome británico. Este
consiste na aparición de toda unha serie de novas formas de
organizar a actividade artesanal, que agora se masifica e se
desenvolve durante a revolución industrial. Por iso adoitase dicir,
que agora deixa de ser un traballo manual propio de artesáns, e
agora esta actividade considerase unha industria de produción de
utensilios.
Para iso vouvos presentar o seguinte
esquema que xa din en clase.
Como podedes ver o Factory System
implica os seguintes cambios no sistema de produción industrial ou
artesanal:
- Aumento da produción.
- Redución dos custos de produción.
- Fabricación máis rápida.
- Cambios no sistema de produción, coa substitución do traballo manual polo traballo das máquinas.
- Transformacións tecnolóxicas.
- Uso de novas fontes de enerxía.
- Enerxía hidráulica.
- Carbón mineral ou Hulla.
- Transformacións na organización do traballo.
- Aparece unha nova división do traballo, no que non son necesarios os traballadores cualificados.
- As persoas son agora un complemento das máquinas.
- Aparición das Fábricas. Isto refírome tanto os edificios como a unha nova forma de organizar a produción de utensilios.
SECTORES PUNTEIROS.
Os
sectores punteiros son toda unha serie de sectores económicos que
son os máis dinámicos e importantes na economía. No caso da I
Revolución Industrial podemos ver: a industria téxtil e a
industria siderúrxica.
Por que estes sectores son os máis importantes e os sectores punteiros:
A industria téxtil gozou de gran peso, xa que foi o sectores que máis creceu durante a Revolución industria. Isto debeuse a que debido ó aumento da poboación fixo necesario aumentar a produción téxtil. A xente necesitaba vestirse, e isto tivo que ser suplido por unha industria que recibiu a inversión do sector agrícola, que volvía para beneficiar ós grandes terratenentes.

Dentro
delas vamos a ver dúas, que imos comentar nas súas propias
entradas, pero que vou adiantar agora:
Ningún comentario:
Publicar un comentario