22 xaneiro 2016

A Revolución da Industria: a industria siderúrxica.


INDUSTRIA SIDERÚRXICA.

Outra das grandes industrias que vamos a ver na Revolución Industrial vai ser a Industria Siderúrxica, que ten a súa importancia debido a diferentes causas a necesidade de aumentar a produción de erro para:
    1. As minas, que necesitan ferro para asentar as vigas e para producir todo o material necesario para sacar o carbón (carbón como fonte de enerxía para as máquinas) e todas a materias primas para a industria.
    2. O ferrocarril. Creo que entendes que o ferrocarril e todo o relacionado con el necesita moito ferro.
    3. Maquinaria Agrícola. Os apeiros de labranza van ser feito en ferro, pero tamén as novas maquinas (tractores, sementadoras, etc.)
    4. Maquinaria da Industria Téxtil. Todas estas máquinas que vimos para a revolución industrial téxtil van ser feitas en ferro e aceiro, co cal a demanda de ferro e aceiro vai crecer aínda máis.
¿Por que naceu en Gran Bretaña?
Esta é unha boa pregunta, pois todo foi posible gracias a que este é o centro da revolución industrial, pero non sería posible sen os seguintes elementos.
  1. Aparición de novos inventos e maquinaria.
    1. Uso de Altos Fornos.
    2. Uso da máquina de vapor.
    3. Uso de novas fontes de enerxía.
      • Enerxía Hidráulica.
      • Carbón mineral: Hulla.
    4. Henry Cort en 1784 mellorou os sistemas de produción de Ferro gracias a:
      • Pudelación: proceso no que se consegue un ferro máis resistente.
      • Laminación, permite o moldeado e facilita a manipulación do ferro.
  2. Posúe importantes xacemento ou depósitos de hulla, carbón de orixe mineral.
  3. Existía unha tradicional siderurxia de alta calidade.

    Pero para que poidades ver como funciona un alto forno deixovos este enlace.
Altos Fornos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario