
REVOLUCIÓN DOS TRANSPORTES.
Moi conectado con todo o que estamos vendo (Revolución Demográfica, Revolución Agrícola, Revolución Industrial) temos a Revolución dos medios de comunicación e dos transportes. As novas necesidades desta época fan necesarios unha serie de cambios nos transportes: estes deben ser máis rápidos, transportar maior cantidade e facelo de forma regular. Para todo iso déronse unha serie de cambios que coñecemos como a revolucións dos transporte, que consistiu nos seguintes elementos:
Mellora da rede de transportes.
Para iso fixéronse novas redes de camiños ou melloráronse os existentes, desenvolvéronse toda unha serie de canles fluviais para facilitar o transporte polos ríos e construíronse vías férreas.
![]() |
Locomotora |
Aplicación da máquina de vapor ós transportes.
- George Stephenson en 1825 crea a Locomotora. Este invento consiste na aplicación de unha maquina de vapor que move un motor para que impulse un vehículo. Ou sexa crease unha locomotora.
- Usada en primeiros lugar para o transporte de mercadorías, especialmente nas minas de carbón.
- Aparición da primeira liña férrea en 1830. Manchester-Liverpool.
- Robert Fulton desenvolveu o barco de vapor en 1807 no Clermont, usando un sistema de palas, que son movidas por unha máquina de vapor. Estas palas serven para impulsar o barco cando non hai vento.
- En 1830 impóñense os barcos con cascos de ferro e o uso de hélices.
Todos estes inventos levaran a toda unha serie de consecuencias entre as que contamos:
· Medios de transporte son máis veloces. O uso da máquina de vapor fai que os transportes sexan moito máis veloces.
· Aumentan a capacidade de carga. A máquina de vapor permite xerar unha enorme potencia, e isto permite transportar máis cantidade de carga.
· Os viaxes fanse de forma máis regular. Agora por exemplo os barcos non dependen dos ventos para facer os viaxes, así que poden organizar os viaxes seguindo unha velocidade regular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario