22 xaneiro 2016

A Revolución da Industria. Industria Téxtil.


INDUSTRIA TEXTIL.

A industria téxtil foi unha das principais actividades económicas da Revolución industrial, pero cobrou moita máis importancia o desenvolvemento da Industria Téxtil do algodón. Isto debeuse a vario motivos que vimos en clase. Entre esas causas temos:
  • A industria do algodón permite mecanizarse de forma máis fácil.
  • Inglaterra posúe enormes cantidades de materia prima nas súas colonias.
  • Aumento da produción téxtil.
Pero cales foron as causas do desenvolvemento da industria téxtil, e como vimos máis concretamente da do algodón. Pois temos varías causas nas que podemos citar:
  • Aumento da demanda polo aumento da poboación.
  • Os beneficios sacados da Revolución Agraria son reinvestidos na Industria Téxtil.
  • Para soster a demanda son necesarias a mecanización e a invención de novas máquinas.

    Pero para poder ver os cambios debedes recordar como era a produción nos teares tradicionais
Lanzadeira volante de John Kay en 1733.
Fiadora a Spinning Jenny de Hargreaves en 1764.
Fiadora manual.










Fiadora Water Frame de Arkwrite en 1768.
Usa a forza hidráulica para mover a maquinaria.












Fiadora Mule Jenny de Crompton en 1779.
Usando a forza hidráulica.







Tear mecánico de Cartwrite en 1785.
Usando a máquina de vapor.

 


Máquina de fiado automática.
A Selfactica de Richard Roberts en 1834.
Usa a maquina de vapor.









Ningún comentario:

Publicar un comentario