CAPITALISMO.
O desenvolvemento industrial provocou a
necesidades de capitais para poder evolucionar e introducir as novas máquinas e
as novas técnicas de produción.
Capitalismo Industrial.
As primeiras empresas que xurdiron durante
a Revolución Industrial eran empresas familiares, onde o capital para a súa
formación viña da inversión particular ou a axuda dos familiares. Pero a propia
natureza da Revolución Industrial levou a que en moitas ocasións as empresas
debían crecer ou estaban destinadas a desaparecer. Iso obrigou a moitas destas
empresas a buscar novos investimentos, xa que os propios das súas familias non
eran suficientes para cubrir eses gastos. Isto obrigou as empresas a optar por
solucións novas.
Evolución das empresas.
Fixo necesario un aumento nos capitais que
necesitaba a empresa.
Xa non lle chegaba cos capitais que podía
reunir unha persoa ou a súa familia, así que optaron por pedir prestamos ós
bancos, vendo como se desenvolven bancos de crédito (destinados a conceder
prestamos a empresas e particulares para os seus negocios) e os bancos de
deposito (onde poder gardar os beneficios ou os aforros).
Pero tamén levou a creación de empresas
máis grandes onde buscábanse socios, nos que non tiña que haber lazos de
amizade ou familia, senón o puro interese de investir cartos para conseguir
beneficios. Así naceron :
Creación de Sociedades en Comandita.
Neste tipo de sociedades existe unha
aportación de capital por varias persoas, pero neste tipo de sociedades crease
a postura de: un xestor e unha serie de socios capitalistas.
Creación das Sociedades Anónimas ou S.A.
O capital da empresa divídese en acción,
que se compran e venden en Sociedades de Valores ou Bolsas de Valores.
Os donos das accións convértense en propietarios da empresa, ou polo menos do tanto por cento que posúan. A persoa que controla a maior parte das accións é o que dirixe a empresa.
Os donos das accións convértense en propietarios da empresa, ou polo menos do tanto por cento que posúan. A persoa que controla a maior parte das accións é o que dirixe a empresa.
Capitalismo Financeiro.
Pero para poder desenvolverse esa
industria vai ser ser necesario o desenvolvemento dun capitalismo baseado nas
finanzas, ou sexa nos cartos. Isto leva a organizar una forma de controlar ese
intercambio de capital para poder investir nas empresas. Deste modo van
aparecer:
- Aparición das Bolsas de Valores. Lugares onde se podían comprar e vender as acción desas sociedades anónimas das empresas.
- Aparición de un gran número de bancos.
- Bancos de Depósito.
- Bancos de Crédito.
O desenvolvemento deste capitalismo
financeiro acabou provocando o aumento do volume comercial e favoreceu:
pagamento de cheques, uso das letras de cambio e o desenvolvemento do papel
moeda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario