O que vamos a ver é
un pequeno fragmento dun documental de “Historias de Galicia”:
unha serie que votaron na TVG. Vamos a ver un pequeno fragmento do
Capitulo “O Son das Armas”.
Tedes que ver dende
o minuto 9 ata o 19. Non vos fai dano mirar todo o documental que
apenas dura uns 28 minutos.
Enlace para o documental.
Neste pequeno
fragmento vamos a ver que aconteceu en Galicia durante a Guerra de
Independencia Española. Aquí cóntanos como actuaron os galegos
ante a invasión de Napoleón.
Debes contestar as
seguintes preguntas.
- No documental falan da creación dunha Xunta. ¿Que era iso? ¿Onde se creou e cando? ¿Cales eran os seu obxectivos?. Busca máis información sobre máis xuntas que se crearon en Galicia e España, pon exemplos.
- Relata que lle aconteceu o xeneral Moore.
- ¿Quen é o Marques da Romana? ¿Que alcume tiña?
- Explica que foi a Batalla de Elviña. ¿Que aconteceu? ¿Que consecuencias tivo para Galicia?
- Despois de ver o documental. Explica coas túas palabras que foi a “guerra de guerrillas”.
- ¿Que son as partidas? Busca información, máis do que aparece no documental, sobre algunha das partidas que existiron en Galicia.
- ¿Por que as cidades foron atacadas polas partidas?
- ¿Cal foi a batalla fundamental da vitoria das tropas españolas? ¿Que consecuencias tivo?
Normas as para facer
a actividade:
- Debes contestar as seguintes preguntas de forma correcta.
- Tes que facelo antes da data límite.Data de Entrega: Deixo aberto isto ata o 22 ás 22:00.
- Podes enviar a resposta por email, darmo en papel en clase antes da data limite ou colgala como comentario.Se da problemas o enlace o documental deixo este outro enlace para velo en Youtube.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar