Vouvos
a poñer un fragmento dun programa de radio da Cadena SER, La
Ventana de Carles Francino. Neste programa teñen unha
pequena sección todas as semanas sobre Historia, que se chama
"Pretéritro Imperfecto" de Nieves
Concostrina.
Nesta
ocasión vamos a tratar a entrada das tropas do Exército dos Cen Mil
Fillos de San Luís en España, e esas cousas que nos van pasar ós
españois con Fernando VII.
Preguntas:
- ¿Onde se atopaba Fernando VII cando Napoleón perdeu a Guerra?
- ¿Cal foi a postura de Fernando VII ante as Cortes e a Constitución de 1812?
- Os Cen Mil Fillos de San Luís, ¿por que se chaman así? ¿Cantos eran?
- ¿Por que veñen os Cen Mil Fillos de San Luis a España?
- ¿De onde ven a expresión “máis bonito que un sanluís? Explica o que comenta Nieves sobre o asunto.
- ¿Enfrontouse o pobo español ó exército dos Cen Mil Fillos de San Luís? ¿Por que? ¿Realmente quen se enfrontou a este exército?
- ¿Que pasou cando os Cen Mil Fillos de San Luís chegaron a Cádiz? Explica todo o que aconteceu alí e as súas consecuencias.
- Explica que foi a Década Ominosa. Explica segundo o que di Nieves Concostrina.
- Despois de tantos podcast con Nieves Concostrina. ¿Por que pensades que lle ten tanto “cariño” a Fernando VII? ¿Que opinades vos de el?
Normas
as para facer a actividade:
- Debes contestar as seguintes preguntas de forma correcta.
- Tes que facelo antes da data límite.
Data de Entrega: Deixo aberto isto ata o 29 ás 22:00.
- Podes enviar a resposta por email, darmo en papel en clase antes da data limite ou colgala como comentario.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar