GRAN DEPRESIÓN.
Definición:
Período
histórico que se coñece como a época despois do estoupido do Crac
de 1929, e que se caracterizou por unha fonda crise económica a
nivel mundial. Esta afectou primeiro ós Estados Unidos, pero
rapidamente foise estendendo o resto do mundo.
Aspectos
económicos.
Entre
os principais aspectos económicos temos a caída da produción
agrícola e industrial como consecuencia da crise económica
aparecida tras o crac de 1929, o peche de bancos (e a redución do
crédito dispoñible), o aumento do paro, etc.
Toda
este crise económica tivo como consecuencia a chegada de políticas
proteccionistas por parte da maioría dos países. Para o que non o
recorde, pero espero que non sexa o caso, as políticas
proteccionistas son as contrarias o librecambismo. Isto quere dicir
que os países fan políticas comerciais e arancelarias (de
alfandegas). Esto consiste en protexer o produto nacional mediante: a
prohibición de produtos estranxeiros (de igual calidade) para que se
compre o produto nacional; ou no caso de poñer impostos a entrada de
produtos estranxeiros para aumentar o seu custo, e que as persoas
opten por comprar o produto nacional máis barato.
Pero
si as políticas proteccionistas protexen o produto nacional traen
unha contrapartida, que ás veces é peor: os países tamén cerran
as súas fronteiras os teus produtos. Iso significa que os países
van ir pechando progresivamente as súas fronteiras, tendo como
consecuencia a caída do comercio a nivel mundial. Cousa, que en
realidade, acaba complicando máis a situación: aumenta o stock de
certos produtos, provoca o aumento do desemprego, aumenta o peche de
empresas, etc. Isto en vez de solucionar as cousas fai que aumente a
crise a nivel mundial.
A
Gran Depresión no ámbito social.
Tivo
como consecuencia o aumento o aumento do movemento obreiro dentro de
moitos países co ascenso do socialismo, anarquismo e comunismo. Isto
levou a que dentro dos sindicatos crecía un grupo de presión para
reivindicar as condicións sociais dun proletariado moi prexudicado
pola crise económica. Pero como veremos a continuación tamén terá
como consecuencia o aumento dos fascismo, pero iso tocarémolo noutra
entrada.
A
cuestión clara é que ambos lados os de esquerda (movemento obreiro)
e fascismos (movementos de dereita) van presentar un rexeitamento
cara: o Capitalismo como teoría económica, xa que esta nos levou a
crise que viven; e cara as Democracias, que non son que de solucionar
o problema creada na economía. Isto acabou levando a que por todo o
mundo se foran estendendo sistemas totalitarios ou autoritarias. As
clases altas e clases medias van pedir que un goberno forte se fago
co control do país e tome medidas claras. Isto acabou xerando cara a
aparición de toda unha serie de ditaduras e gobernos fascistas.
Solucións
a crise.
Entre
as primeiras medidas temos varias opcións:
- Keynisianismo. Que imos ver con calma a continuación nunha próxima entrada.
- Intervencionismo estatal en Fascismos. Imos analizala cando tratemos das políticas económicas dos Fascismo.
Difusión
da Crise.
Pois
por último imos ver a difusión da crise ou da Gran Depresión. Este
é moi sinxelo primeiro aparece nos Estados Unidos, e pouco a pouco
vaise ir difundindo polo mundo: debido a que os Estados Unidos eran o
Banco do Mundo. O fracasar a súa propia economía, fai que os
créditos que ten concedido teñan que volver: para tapar os ocos que
quedaron o aire. Isto provoca que os bancos mundiais, o comercio, as
empresas e os estados entren en crise. A primeira en caer vai ser
Latinoamérica, pero moi rapidamente vai pasar a Europa (onde vai
afectar especialmente a Alemaña), Asía e logo as colonias.