A
Revolución de Outubro, que tamén se coñece como a Revolución
Bolxevique, foi o golpe total contra o sistema de goberno que existía
en Rusia, e acabou levando a implantación dunha Ditadura do
Proletariado que propugnou Marx. Aínda que debemos dicir que os
Bolxeviques reformularon moitos dos preceptos creados por Marx.
Causas da Caída do Goberno Provisional:
Entre
as causas da caída do Goberno Provisional temos: a desesperación da
poboación pola falta de medidas ou reformas; o aumento do fracaso na
Guerra (na que os rusos seguen perdendo batallas e territorios), o
aumento das folgas e motíns contra o goberno, etc.
A
maioría da poboación ve que o goberno provisional non estaba
disposto a implantar reformas. E isto acentuase pola falta de
produtos básicos, o aumento da presión fiscal (para poder pagar os
gastos da guerra), o aumento da represión contra os soviets (e
especialmente contra os Bolxeviques), etc.
Pero
non so a oposición dos Soviets crea problemas o Goberno Provisional,
xa que os propios membros do goberno provisional teñen divisións
internas:
O
exército.
O
exército está canso das sucesivas derrotas militares, e da falta de
apoio do goberno as ofensivas (falta de municións, alimentos,
tropas, etc). O goberno esixíalle ós xenerais vitorias militares,
pero non lle daba o necesario para realizalas.
Oposición
dos sectores tsaristas.
Moitos
dos antigos sectores tsaristas (especialmente a nobreza e o clero)
víronse desprazados do poder, e aspiraban a recuperar a súa
influencia e poder. As medidas tomadas polo goberno de Kerenski son
vistas como un apoio os Soviets e o movemento obreiro.
Oposición
da burguesía.
A
burguesía ve como as medidas do goberno non avanzan o
suficientemente rápido para as súas demandas, xa que a Constitución
non foi aínda no fora aprobada, nin as eleccións foron convocadas.
Teñen medo de que Kerenski ceda os antigos tsaristas ou os soviets.
Oposición
dos Soviets.
Os
Soviets argumentan que a represión cara eles (especialmente cara os
bolxeviques) e a falta de progresos nas medidas prometidas (reparto
de terras, melloras nas condicións dos obreiros, etc.): demostran
que o Goberno Provisional non é útil.
Todo
isto se complica aínda máis co intento de Golpe de Estado do
Xeneral Kornilov (7 Setembro de 1917). O Xeneral Kornilov era o xefe
das forzas armadas rusas realizou un golpe de Estado o 7 de Setembro
de 1917, co obxectivo de introducir un goberno autoritario.
A resposta do goberno de Kerenski, foi solicitar a axuda do Soviet de Petrogrado, que levou a entregar armas a poboación civil.
A resposta do goberno de Kerenski, foi solicitar a axuda do Soviet de Petrogrado, que levou a entregar armas a poboación civil.
O fracaso do golpe de estado determinou dúas cousas: os sectores liberais non querían reformas para a poboación normal; e demostraba que o Soviet de Petrogrado posuía un enorme poder e era o garante do poder do goberno provisional.
Detonante:
Todo
se complicou aínda máis cando Kerenski anunciou o envío de tropas
ó fronte alemán. A xente xa se atopaba en clara oposición as
medidas de Kerenski, pero a mobilización de tropas: demostroulles
que o interese de Kerenski era continuar coa guerra, e o resto era
secundario.
Toma do poder:
Todo
isto é aproveitado polos bolxeviques no seu favor. Lenin volta en
secreto e consegue que o Comité Central Bolxevique aprobe a
realización dun golpe de estado. Trotski organiza a sublevación coa
axuda da Garda Vermella (un exército formado por poboación civil,
que recibiu armas durante o intento de golpe de estado de Kornilov.
Este
golpe de estado organizase en dúas fases:
- 24 de Outubro levouse a cabo o control militar dos puntos clave da cidade.
- 25 de outubro toman o Palacio de Inverno coa axuda do Acoirazado Aurora.
Pouco
a pouco as revoltas vanse estendendo ó longo de toda Rusia. Isto
acabou provocando que o poder dos Bolxeviques aumentara, grazas a
vitoria no golpe de Estado; e fixéronse co control total do Soviet
de Petrogrado, sometendo o resto de faccións políticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario