26 abril 2016

O Keynisianismo e a aplicación durante o New Deal de Roosevelt.


O New Deal e as teorías de Keynes.

Significado:
O termo New Deal significa literalmente o "Novo Trato". Proponse como un novo acordo entre os cidadáns e o goberno para crear unha economía estable e unha sociedade onde se elimine a pobreza da Gran Depresión.
Programa económico implantado por Franklin Delano Roosevelt nos Estados Unidos, que se inspira nas teorías de John Keynes. Este economista foi un dos grandes críticos das medidas económicas durante a Década de 1920, e dos principais críticos das indemnización que se lle pediron a Alemaña despois do Tratado de Versalles. El postulaba que as desmesuradas peticións dos aliados ía ter consecuencias prexudiciais para a economía alemá, e tamén para a recuperación de Europa.
Como moi ben acertou Keynes isto trouxo consecuencias nefastas para a economía alemá, pero debido ás consecuencias do Crac da Bolsa do 29 e a Gran Depresión: creou un caldo de cultivo perfecto para a expansión da crise a nivel mundial. Ante esta situación Keynes propuxo unha serie de medidas que vamos a mencionar a continuación. Un dos países que aplicou estas medidas foi os Estados Unidos de Franklin D. Roosevelt. Vamos a ver as medidas a continuación.

Características.

  • Intervencionismo do do Estado en Economía.
Unha das principais medidas que propón Keynes é o abandono do capitalismo completamente liberal, xa que considera que o Estado debe controlar a economía para que non se deán desaxustes como o Crac do 29 e a Gran Depresión. El considera que o Capitalismo é unha teoría económica sólida, aínda que non se debe deixar o control da economía á “Lei da Oferta e da Demanda” ou a regulación automática dos mercados. El considera que a economía non se pode deixar actuar libremente, e tampouco pode caer nas mans de desapiadados gurús de economía.
  • Endebedamento do Estado para realizar políticas económicas e sociais.
Os estados deben realizar unha serie de políticas sociais e económicas para poder volver a reactivar a economía, que se atopa estancada durante a Gran Depresión: para iso debe realizar toda unha serie de investimentos (cousa que veremos logo nas medidas de económicas). Este investimento debe facerse a costa de que o estado quede endebedado. Os cartos que agora inviste o estado, o recuperará logo cando a economía se reactive e os cidadáns poidan pagar impostos.
  • Medidas económicas.
Para levar a cabo estes cambio o estado debe realizar unha serie de medidas, que teñen como obxectivo a reactivación da economía, a creación de emprego, o desenvolvemento das actividades económicas (agricultura, industria e comercio) e crear unha sociedade máis xusta.
    • Control da Banca.
Obrigase ós bancos a tomar unha serie de medidas para asegurar as inversións dos seus aforradores, pero o mesmo tempo fai que os bancos a que concedan créditos as empresas e particulares a baixo interese. Con isto último pretendese que os créditos favorezan o desenvolvemento e creación de empresas; pero o mesmo tempo, as persoas teñan posibilidades de comprar e así reactivar a economía.
A idea é moi sinxela, pero creo que o mellor necesita unha explicación. Hai toda unha serie de empresas que non poden desfacerse dese stock de produtos que fabricaron durante os anos de puxanza económica. Se a xente ten acceso a créditos, poden comprar eses produtos. Iso vaille permitir a esas empresas volvera a contratar xente para que poida fabricar máis produtos, pero para iso as empresas van necesitar cartos para volver a producir. Ese diñeiro vano sacar deses créditos ofrecidos pola banca. Cando a fábrica teña concedido o crédito vai contratar empregados. Estes empregados a súa vez poderán comprar máis cousas, e así pouco a pouco a actividade económica aumentara progresivamente porque novas empresas volveran a producir.
    • Regulación da Bolsa de Valores para evitar un novo crac.
Pois regular a Bolsa de Valores para que non se poidan comprar accións a base de créditos, que a Bolsa regule o valor real das accións (intentando evitar a especulación sen sentido), etc. Todo para evitar que volva xurdir un novo Crac.
    • Política monetaria.


    • Control da produción agrícola e industrial.
Para evitar que volvera a haber unha superprodución o estado vai facer un control da produción agrícola e industrial. Isto vaise facer mediante a creación de subvención as empresas para que unicamente produciran o que o mercado podía absorber: establecendo cotas de produción. Estas cotas teñen como obxectivo o esgotamento do Stock, pero o mesmo tempo evitar a superprodución.
    • Creación de obras públicas.
      Roosevelt iniciou toda unha serie de obras publicas en todo o país co obxectivo de crear emprego. Dentro destas obras destacaron: a creación de presas, como a do Val do rio Tennesse; a creación de autopistas e autovías, a creación de centrais eléctricas, etc. Todas estas empresas foron xestionadas polo goberno, creando millóns de postos de traballo.
    • Control de prezos.
      Para evitar que as consecuencias da crise perxudicaran as clases máis pobres determinou o control dos prezos, especialmente dos produtos básicos; pero tamén controlou o prezo, especialmente en agricultura, para que os campesiños non perderan cartos polo xogo do mercado.
  • Medidas Sociais.
    Pero Roosevelt non so reorganizou a economía para a recuperación, senón que aplicou toda unha serie de medidas sociais para mellorar a situación das clases baixas e medias. Isto fixo que ganara o apoio de gran parte da poboación e, sobre todo, de toda esa xente que se empobreceu durante o Crac do 29 e a Gran Depresión.
    • Reducir a xornada semanal.
      Impuxo a lexislación para limitar o numero de horas de traballo semanal, para que as empresas que querían producir tiveran que contratar a máis persoas e crear quendas de traballo. Iso crearía emprego e melloraría as condicións dos proletarios. Moitas destas medidas contaron coa oposición dos empresarios e das grandes fortunas, xa que consideraban que isto ía contra os seus intereses.
    • Creación de salarios mínimos.
      Estableceu unha lexislación que obrigaba ás empresas a realizar unha redución da xornada laboral, e crear un salario mínimo. Non é que o salario fora moi grande, pero aseguraban un mínimo, do cal os empresarios non podían baixar.
    • Redución do paro mediante a creación de postos de traballo.
      Como vimos anteriormente foise creando emprego por parte do estado, pero tamén se potenciou a creación de emprego nas empresas privadas.
    • Creación de seguros de desemprego.
      Outra das medidas é a creación do seguro de desemprego: un salario para aquelas persoas que perden o traballo e se quedan sen ningún ingreso. O que coñecemos comunmente como cobrar o paro. Esta idea que xa existía en moitos países do mundo, chegou con Roosevelt ós Estados Unidos. Con isto permitía que esa xente seguirá gastando cartos e seguira reactivando a economía, pero o mesmo tempo asegúralle unha vida digna mediante a compra de cousas básicas.
    • Legalización de sindicatos.
      Os sindicatos, que xa eran legais en moitos países, tiveron que esperar a Franklin D. Roosevelt para que foran legalizados. Por dicilo doutro xeito, a negociación entre empresarios e empregados non era algo real, e a folga era algo ilegal en moitos dos estados de Estados Unidos. Roosevelt iniciou unha serie de medidas para legalizalos e de que os sindicatos lle axudaran a levar a cabo as súas medidas políticas. Podedes imaxinarvos que pensaban os grandes empresarios desta legalización, pero en cambio para a poboación supuxo toda unha serie de esperanzas e melloras na súa situación laboral.

    Consecuencias.

En xeral as políticas de Roovelt trouxeron a reactivación económica dos Estados Unidos, pero non chegou a recuperar os niveis anteriores a 1929, pese ó cal podemos ver as seguintes consecuencias:
  • Redución importante do paro.
    Houbo unha serie melloras no aumento do numero de persoas empregadas, aínda que en realidade as medidas non foron tan boas como o que esperaba Roosevelt, debido a oposición de moitos dos sectores máis consevadores.
  • Reactivación económica.
    Houbo unha recuperación da economía, e os Estados Unidos volveron a ser a principal potencia industrial e comercial do mundo, aínda que non tanto como en 1929.
  • Moitos grupos opóñense as medidas de Roosevelt.
    • Movementos de esquerda.
      Estes consideraban que as medidas implantadas por Roosevelt non eran ó suficientemente ambiciosa, e deberían ir máis ala.
    • Os grandes capitalistas.
      Pero o mesmo tempo causou o ataque de moitas persoas de clase media e alta, que consideraban estas medidas como antiliberais, anticapitalistas e comunistas. Unha das acusación por parte da oposición foi que Roosevelt, en realidade quería introducir o comunismo nos Estados Unidos. Pero isto é máis ben algo anecdótico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario