CRAC 1929.
Entre as causas do Crac de 1929 ou
Crac do 29 temos varios elementos como: a superprodución, a crise de
empresas a finais da década de 1920 (que leva ó aumento do paro e a
caída da demanda), a especulación na Bolsa de Valores, etc.
Comecemos definindo a
Superprodución.
A superprodución é un exceso de
produtos no mercado como consecuencia do aumento da produción, neste
caso a difusión do proceso de produción en cadea e o taylorismo da
II Revolución Industrial estendeuse por todo o mundo.
Causas da Superprodución durante o
período de Entreguerras:
- Estados Unidos aumentou a produción durante a I Guerra Mundial. Os Estados Unidos tiveron unha das mellores posicións económicas durante a I Guerra Mundial, xa que durante o conflito foi o gran produtor industrial. O principio os recursos industriais foron para venderlle produtos os países belixerantes (especialmente os aliados), xa que eles estaban involucrados na reconversión da industria tradicional cara o esforzo bélico. Estados Unidos foi progresivamente cubrindo a demanda de todos eses produtos que non podían fabricar eles, xa que as súas fábricas se adicaban a produción de elementos para a Guerra. Esta novas empresas empregaron os métodos de racionalización (Fordismo e Taylorismo) que aumentaron considerablemente a súa produción. Ou sexa, que ademais de crearse novas empresas, estas producían moito máis que antes da Guerra. Empresas que seguiron producindo durante os Felices Anos 20.
- Moitos países non belixerantes crearon industrias para subministrar produtos ós países belixerantes. Pero isto non so lle pasou os Estados Unidos, senón que países non belixerantes (como España, Suíza, Arxentina, etc.) tamén crearon empresas para cubrir a demanda dos países en guerra. Estas industria seguiron producindo despois da consolidación da paz.
- A reconversión dos países belixerantes. Durante a Guerra Total os países en guerra reconverteron a súa industria para cubrir as necesidades da guerra, e deixaron de producir produtos básicos. Pero cando chegou a Paz, a aplicación económica da Guerra Total non era necesaria: volveron a producir produtos agrícolas e industriais. Tardaron un par de anos en volver ós niveis de produción de antes da Guerra, pero a mediados da década de 1920 xa estaban a pleno rendemento.
Consecuencias da
Superprodución.
Como espero que vexades, os
diferentes países comezan a producir máis, e iso ten como
consecuencia que os produtos agrícolas e industriais non poden ser
absorbidos polos mercados: creando un Stock de produtos.
As empresas teñen que deixar de
producir ou despedir a empregados, e isto ten como consecuencia o
aumento do desemprego e o peche de moitas empresas.
Especulación na Bolsa de
Valores.
Durante os anos 20 as accións en
bolsa subían e subían constantemente, pero estas accións ascendían
de forma irreal. Realmente aumentaban como consecuencia da
especulación entre os axentes de bolsa (broker
en inglés) e que a inversión para comprar en Bolsa era fácil
debido a créditos baratos.
Realmente cando me refiro a que o
aumento do valor das acción era irreal, quero dicir que as acción
crecían por causa da especulación creada polos axentes de bolsa.
Eles xogaban co mercado, mediante a lei da oferta e a demanda subían
o prezo das accións.
Isto tamén era posible grazas a que
existía a posibilidade de conseguir créditos baratos nos bancos,
que logo se usaban para a compra de accións. Estes axentes de bolsa
xogaban creando demanda para comprar e vender rapidamente, e
conseguir pingües beneficios en pouco tempo.
Como explicalo dunha forma máis
sinxela, eles vían que as accións subían polo feito de que a xente
quería comprar acción coa idea de ían subir. Co cal a xente as
compraba non polo crecemento real da empresa das accións, senón
para negociar coas acción e sacar tallada.
Pero o problema foi cando moitas
empresas, pechaban e non daban beneficios. Iso acabou creando o
estoupido da burbulla, que acabou afectando a unha caída das accións
de golpe.
Orixe.
O orixe de todo isto foi en Estados
Unidos de América, e coñecese co nome do Crac de 1929. O estoupido
da burbulla da bolsa acabou en dous días clave:
- Xoves Negro o 24 de outubro de 1929. Este foi o día no que as acción estouparon e caeron de forma inesperada. Millóns de pequenos inversores e axentes de bolsa arruináronse.
- Martes Negro o 29 de outubro de 1929. Foi o día onde se consolidou a caída de todo o sistema. Aquí veuse que non había solución para a caída da Bolsa, e que o Xoves Negro, non foi un mal día na bolsa, senón que foi o principio da crise.
Todo isto tivo consecuencias moi
importantes para a economía dos Estados Unidos, pero tamén para o
resto do mundo. Isto levara a Gran Depresión, que veremos un pouco
máis adiante.
Pero as consecuencias inmediatas foi
unha crise na banca, na industria, nas actividades comerciais e o
empobrecemento da poboación.
Crise Bancaria.
A crise bancaria veu como
consecuencia directa da caída da Bolsa, xa que as accións foron
compradas con eses créditos baratos. A caída da Bolsa provocou que
os créditos non foran devoltos, e os bancos perderon millóns e
millóns de dólares. Os bancos foron a quebra, e a xente que tiña
metidos alí os seus aforros: perdéronos. En Estados Unidos durante
o Crac do 29 e a Gran Depresión pecharon máis de 10000 bancos.
Isto tivo como consecuencia que os
bancos que quedaban cerraron a chave dos créditos. Xa que tiñan
medo a perder máis cartos e a ter que cerrar. Iso tivo como
consecuencia a crise industrial e comercial.
Crise Industrial.
Como consecuencia da caída dos
bancos, as empresas non podían pedir créditos para poder continuar
coas súas actividades (pagar materias primas, pagar as nóminas,
pagar os transporte de produtos, etc.). E se a iso sumamos a
situación de superprodución: isto provocou que a situación das
empresas foi cada vez a peor. Moitas máis empresas acabaron
despedindo ós empregados ou pechando.
Crise Comercial.
A superprodución, a perdida dos
cartos invertidos polos investidores en bolsa e a crise industrial
fixo que a demanda de produtos caera. Isto fixo que as actividades
comercias caeran tanto a nivel nacional como internacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario