STALIN. (1924-53)
Ascenso o poder de Stalin veu
como consecuencia de que Lenin cae enfermo e morre en 1924. Isto
acaba provocando a división polo control do PCUS e a URSS. Entre
esta división temos que ter en conta a dúas grandes personalidades:
Trotski, que estaba apoiado por Lenin, e que era partidario de
medidas como a extensión da Revolución cara fora da URSS e
continuar coa NEP; no outro lado temos a Troika formada
por Stalin, Zimoniev e Kámenev. A Troika, que tamén se coñece co
nome de Triunvirato (realmente podemos traducilo por un goberno
formado por 3 persoas), ten como lazo común a xenreira cara Trotski.
O final Stalin imponse sobre os
demais, e controla todos os resortes do Estado. Tras o cal
eliminación da oposición ó seu goberno (incluíndo a Zimoniev e
Kamenev) e exerce o control da URSS a partires de 1927.
Entre as medidas propostas por
Stalin, vemos que el era partidario da Revolución completa 1º na
URSS e logo no mundo. Isto levoulle a organizar unha nova forma de
goberno, no que se establece unha ditadura persoal.
O Programa de Planificación Económica.
Unha das peculiaridades de Stalin
foi a organización dunha estrutura económica que rompa coa NEP
proposta por Lenin, e iso lévalle a organizar os Plan Quinquenais.
Chámanse así porque estes organizábanse en plans de 5 anos, onde
se organiza todos os procesos da economía: niveis de produción, que
se producía, cando se producía, canta inversión se lle adicaba a
cada sector, cantas persoas traballaban alí, etc. Todo era
planificado con antelación e organizado dende o goberno de Stalin,
que realiza un clara intervencionismo en economía: nada queda fora
da toma de decisión de Stalin.
Características do plans
quinquenais:
- Planificación de toda a economía.
- Rexeitamento de calquera forma de autoxestión.
- Illamento comercial.
- Planificación Agrícola.
- Koljós ou granxas colectivas.
- Soljós ou Granxas Estatais de carácter experimental.
- Estacións de Maquinaria e Tractores.
- Planificación Industrial.
- Desenvolvemento da Industria Pesada, dáselle prioridade sobre o resto da industria. Especialmente destacan a industria siderúrxica, mineira, petrolífera e artisticamente.
- Creación de Combinats. Agrupación de varios centros industriais interdependentes que se dedican a produción de industria de base ou industria pesada.
As consecuencias de todos estes
plans económicos son: o aumento da industrialización da URSS, o
cambio da estrutura económica da URSS, aumentou a produtividade
(pese ós baixos niveles de produtividade, aínda que en xeral
aumentos a produción), deixou de lado a industria de consumo, os
enorme custos de vida e repercusións ambientais, etc.
Outras das medidas foi a
reestruturación do Estado, que quedou nunha ditadura de carácter
totalitario e baixo o control directo de Stalin. Os cambios poden
definirse en: a creación dunha Constitución da URSS;
a creación dunha estrutura federal, pero
baixo o control do PCUS e Stalin; o desenvolvemento da burocracia
leal a Stalin; o control político e ideolóxico de toda a
sociedade soviética; e a política do terror,
da que falarei un pouco máis adiante; a aparición dun culto a
personalidade do líder, centrado en Lenin pero, sobre todo en,
Stalin); e a consolidación dunha política exterior baseada na
consolidación do Comunismo.
O control político e ideolóxico
e a política do terror van da mesma man: as dúas intentan reforzar
o control de Stalin sobre todo a sociedade soviética. Para afianzar
a política de consolidación do poder de Stalin, este organizou unha
serie de purgas políticas. Estas purgas son procesos nos que Stalin
vai eliminando progresivamente a todos aqueles que se opoñen as súas
ideas ou as súas decisións políticas. Non me refiro a que os mata,
que si é certo que acaba pasando en moitos dos casos; senón que os
enviaba a campos de concentración e de traballo. Para iso axudase
dos Gulags, que eran campos de concentración e de traballos para a
oposición. Moitos destes gulags estaban situados en Siberia, onde
Stalin usaba os seus inimigos políticos para realizar traballos para
completar os Plans Quinquenais.
Isto acabou provocando unha
Política do Terror, xa que as purgas mobilizaron a millóns de
persoas, xa que as demandas de traballadores para ós gulags eran
asombrosas. Moita xente morría nos gulags, polas malas condicións
de traballo; pero os plans de Stalin debían cumprirse fora como
fora.
Para levar a cabo esas purgas
Stalin apoiouse no exército, pero sobre todo nunha policía política
que coñecemos co nome de NKVD. Esta substitúe a antiga Tcheka
creada en tempos de Lenin, pero funciona do mesmo modo: policía para
eliminar a calquera que se opoña o Estado, ou nesta ocasión a
Stalin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario