19 abril 2016

A Guerra Civil en Rusia durante o Goberno de Lenín.


GUERRA CIVIL RUSA. (1919-21)

Os diferentes acontecementos que deron lugar a Revolución Rusa acabaron estoupando nunha guerra civil entre os Bolxeviques e os que se opoñían ó seu goberno, tamén chamados Contrarrevolucionarios. Dentro deste grupos de Contrarrevolucionarios podemos atoparnos con antigos tsaristas, Menxeviques, Eseritas, Anarquistas, sectores do exército, membros do Goberno Provisional, burguesía industrial e comercial. Porque se unen todos estes elementos, que realmente son tan diferentes, pois moi simple: teñen un inimigo común. Todos eles formaron unha alianza que se coñece co nome de Exército Branco, seguindo os emblemas do antigo exército imperial. Realmente os intereses de cada un tiran para o seu propio lado, pero odian e temen os bolxeviques.
Pero todo isto tamén debemos unir a presencia do apoio dos Aliados (refírome as potencias Aliadas durante a I Guerra Mundial) ós Contrarrevolucionarios: Pero porque ós aliado se poñen do lado dos Contrarrevolucionarios:
Os Aliados téñenlle xenreira os rusos por abandonar a Guerra e deixalos sós.
Queren recuperar os créditos que lle concederon ó Imperio Ruso durante a Guerra.
Teñen intención de frear a expansión do Comunismo no mundo, e para iso nada mellor que frear a Revolución Bolxevique en Rusia.
Recuperar as inversións que fixeran os estranxeiros en Rusia, e que coa política bolxevique de nacionalizacións desapareceran.
Obter posibles beneficios económicos ou territoriais a costa de Rusia. O Imperio Ruso desapareceu, e era moi grande. As potencias aspiraban a quedarse con minas, pozos petrolíferos, rutas comercias, etc.
Que fixeron os aliados para axudar os contrarrevolucionarios, pois varias cousas: subministraron armas e municións (especialmente material de guerra que se usará durante a I Guerra Mundial, e que nestes momento non usaba), deulle créditos para financiar a guerra contra os bolxeviques e, incluso, mandou tropas para loitar contra os bolxeviques.
Os bolxeviques reaccionaron coa conformación do Exército Vermello. Este foi un exército organizado e creado por L. Trotski. Este exército foi creado da nada, e foi formado por civis que foron mobilizados de forma forzosa (ou sexa mediante a leva forzosa de todos os homes e mulleres dispoñibles para a guerra). Para poder defenderse dos ataques do Exército Branco e dos Aliados, os bolxeviques tiveron que rearmarse e organizar un sistema económico que puidese subministrar todo o necesario para a guerra (armas, municións, alimentos, etc). Para iso creouse, o que coñecemos como Comunismo de Guerra que tivo que cambiar a estrutura económica do país, para iso realizáronse os seguintes elementos:
  • Control estatal de todos os sectores económicos, para que se produza todo o necesario para a guerra e para abastecer as cidades.
  • Obrigatoriedade de traballo para todos os cidadáns.
  • Eliminación parcial do sistema monetario, para evitar a fuxida de capitais e evitar a malversación dos recursos do Estado.
  • Requisas dos excedentes agrícolas, que son destinadas o exército e para alimentar as cidades, onde as fábricas producían todo o necesario para a guerra.
  • Control dos prezos e dos mercados, para evitar a inflación e os abusos.
Ademais houbo todo un programa de represión política contra os Contrarrevolucionarios, para iso usouse a Tcheka: unha policía política, que se encargaba de eliminar os Contrarrevolucionarios dentro da zona bolxevique. Isto acabou creando que o Partido Bolxevique controlara toda sociedade, a economía e o Estado.

Consecuencias.
O primeiro que debemos dicir é que o traballo de Trotski foi exemplar, e conseguiu unha vitoria do Exercito Vermello. Os bolxeviques controlan completamente todo o antigo Imperio Ruso, pero a Guerra Civil tivo consecuencias horribles para Rusia. O primeiro elemento a destacar e a existencia de máis de 12 millóns de mortos, por parte de ambos bandos, e trouxo a pobreza, a miseria e o malestar social.
O Comunismo de Guerra, pese a que os seus obxectivos básicos se cumpriron (abastecer o exército para a guerra), non foi quen de abastecer ben as cidades. Ademais provocou unha crise económica de Rusia: coa caída da produción agrícola e industrial, o desenvolvemento da inflación e as perdidas materiais e humanas.
Rusia acabou na miseria, pero o poder dos bolxeviques quedou consolidado.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario