FELICES ANOS 20.
Os Felices Anos 20 son
considerados como un período de relativa prosperidade económica,
pero en realidade foi un período que comezou cunha crise económica
potenciada pola I Guerra Mundial. Pero en pouco tempo a economía dos
países belixerantes foi mellorando progresivamente debido as
políticas de reconstrución e as inversión provocadas polo Plan
Dawes. Este Plan Dawes foi un programa potenciado polos americanos
para poder reconstruír Europa (incluíndo Alemaña) para que unha
vez que as súas economías estiveran saneadas: poder pagarlle as
débedas xeradas durante a I Guerra Mundial.
Pero Isto e os beneficios que
conseguiron os aliados despois dos Tratados de Paz de París:
permitiulle ós aliados conseguir unha rápida reestruturación da
súa economía. Moitos destes países conseguiron volver a
reconverter as súas industrias militares, que apareceron durante a
Guerra Total, en industriais civís. Isto trouxo como consecuencia
unha situación inesperada a superprodución, pero esa a analizaremos
con calma noutra das entradas.
Pero sen dubida, o que agora non
interesa é que a existencia de capitais estranxeiros e a necesidade
de conseguir reconstruír o país: fixo que a economía fora moi
produtiva e os niveis de crecemento subiran moi rápido.
Este período de recuperación
económica baseouse nunha serie de elementos que permiten definirse
como as bases de crecemento económico. Entre estas atopámonos:
- Desenvolvemento da Industria. Entre os que atopamos o desenvolvemento de novos sectores en puxanza como: Industria do Automóbil, Industria Siderúrxica, Industria aeronáutica, Industria Química, etc. Todo estes sectores son propios da II Revolución Industrial, pero o que pasou durante a I Guerra Mundial e a Posguerra foi que moitos países se puxeron ó mesmo nivel que as grandes potencias industriais. Isto aconteceu polo seguinte: moitos países non belixerantes (máis os Estados Unidos) tiveron que subministrar o necesario ós países belixerantes, motivo polo cal puideron modernizar as súas industrias durante a I Guerra Mundial; pero cando a Gran Guerra rematou os países belixerantes volveron a producir con un nivel de modernización máis desenvolvido. Aproveitando para elo, que o país necesitaba reconstruírse.
- Uso de novos sistemas de produción. Moitos dos paises introduciron durante estes anos os novos procesos creados durante a II Revolución Industrial: o Taylorismo, a produción en cadea, etc. Isto fixo que as empresas comezaran a crecer e desenvolverse.
- Incremento do Consumo. Isto ben como consecuencia de varios elementos:
- O primeiro foi o aumento da demanda. Isto veu como consecuencia de dous elementos: a necesidade de reconstrución (que obriga a comprar ou reparar aquilo que se perdeu durante a guerra) e a reactivación do comercio.
- Uso da Publicidade. Agora comeza a usarse de forma xeneralizada a publicidade, especialmente por parte de países como Estados Unidos, Reino Unido e Francia. Para iso vaise usar tanto a prensa escrita como, un novo elemento que comeza a ter gran difusión, a radio. Isto fai que aumente a demanda de produtos.
- Facilidades de compra. Dentro deste aspecto vamos ver como a facilidade para conseguir créditos e a aparición de novos medios para as compras como as compras da domicilio e a compra a prazos. Todo isto fai que a demanda de produtos se dispare durante a gran parte da década de 1920.
Pero ó acceso a créditos tamén
vai a ir orientado cara outro elemento: o investimento na Bolsa de
Valores. Isto fai que os niveis de desenvolvemento económico crezan,
aínda que como veremos: isto terá consecuencias negativas. A xente
ve que o crecemento da economía vaise desenvolvendo, e isto
repercute nas accións de bolsa que van subindo. Isto acaba
provocando, que a través dos créditos baratos, a xente inverta os
seus aforros na Bolsa. A creación dunha demanda de accións fai que
estas accións suban polo mero feito de que hai demanda. Isto leva a
moitos pequenos inversores a investir para conseguir beneficios dunha
forma rápida. Pero vamos deixalo aquí, porque isto ten máis
relación co seguinte apartado.
Volvendo o tema da prosperidade
da década de 1920, vemo como os Estados Unidos convértense na 1ª
Potencia Económica e Industrial do Mundo. Isto ven como consecuencia
de que foi unha das grandes economías que saíu beneficiada da I
Guerra Mundial: debido a que foi o banqueiro das potencias aliadas,
enriqueceuse vendéndolle materias primas e produtos manufacturados
ós aliados, foi unha das poucas potencias que non se veu afectada
polas destrucións bélicas, etc.
En principio podemos ver como as
cousas lle van ben os Estados Unidos, pero que pasará para que se
acaba esta prosperidade. Pois iso o veremos na seguinte entrada do
blog.

Ningún comentario:
Publicar un comentario