GOBERNO DE LENIN.
CONSTRUCIÓN DO ESTADO SOVIÉTICO.
O
goberno é exercido polo Congreso dos Soviets creado en 1918,e que
evolucionou dente o primitivo Soviet de Petrogrado. Este encargase de
realizar os seguintes elementos: a creación da Declaración de
Dereitos do Pobo Traballar e Explotado (que é a futura base dunha
constitución ou declaración de dereitos dos cidadáns), a creación
da República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR), a
creación da I Constitución en 1919, etc.
Esta
estrutura de goberno cambiaría despois da Guerra Civil dando lugar a
creación da URSS e a Constitución de 1924, pero iso agora non o
vamos a tratar.
Para
consolidarse no poder Lenin e os bolxeviques van realizar unha serie
de purgas políticas para eliminar a toda a oposición ó seu
goberno: partidos políticos, antigos tsaristas, burgueses,
anarquistas, etc. Isto permítelle controlar completamente os
soviets, pero propicia a creación dunha nova facción, os
contrarrevolucionarios, que levou a Rusia a unha Guerra Civil, que
analizaremos máis polo miúdo.
DECRETOS DE OUTUBRO.
Unha
vez que Lenin consegue controlar a oposición dentro do Soviet,
intenta tomar unha serie de medidas para congraciarse co pobo, e
cumprir as promesas feitas nas Teses de Abril.
Para
iso no II Congreso dos Soviets determinou o que se coñece co nome
dos Decretos de Outubro, na que toma unha serie de medidas para
instalar a Ditadura do Proletariado.
- Decreto de Nacionalización da Banca e do Comercio Exterior.
Decretase
a nacionalización de todos os bancos, que pasan a control do Estado
Soviético, e o mesmo tempo controlase o comercio exterior, para que
todo pase polas mans dos soviets.
- Decreto sobre o Control Obreiro.
As
fábricas son nacionalizadas, e dáselle o control das empresas ós
obreiros. Estes deben seguir os preceptos dados polos soviets, que
marcaran as necesidades de produción e venta.
- Decreto a favor da Paz cos imperios Centráis.
Este
consolidarase coa firma do Tratado
de Paz de Brest-Litovsk no
3 de Marzo de 1918. A cambio de conseguir a paz cos Imperios Centrais
estes conseguiron enormes concesións territoriais en Polonia,
Ucraina
e Bielorrusia
- Decreto das Nacionalidades.
O
decreto das nacionalidades foi un intento de contentar as minorías
étnicas e relixiosas do antigo Imperio Ruso, xa que estas poderían
voluntariamente elixir o seu destino. Aínda que en realidade isto
debemos tomalo con coidado, xa que non sempre foi respectado.
- Decreto sobre a Terra.
O
Decreto sobre a Terra era un intento por aplicar as Teses de Abril, e
o seu principal obxectivo era contentar o campesiñado co reparto de
terras. Lenin pensaba que se contentaba o campesiñado, que era a
maior parte da poboación de Rusia, controlaría todo. Este decreto
manifestouse na nacionalización da terra, arrebatándolla os antigos
terratenente do tsarismo (nobreza, igrexa, algúns burgueses, etc.).
A terra sería logo repartida entre o campesiñado para que a
traballase, pero a terra sería propiedade do Estado.
KOMINTERN OU III INTERNACIONAL (1919-1943).
Isto
non o pon no libro, e é un tema interesante, por iso o vou comentar
aquí. Pero non vou preguntalo no exame. O Komintern
ou III Internacional foi un intento de unificar os marxistas para
estender a revolución a todo o mundo. Lenin e os bolxeviques
pensaban que a revolución en Rusia, so era o primeiro paso para unha
revolución mundial. Pero agora os bolxeviques aspiraban a controlar
esa revolución, para iso intentaron crear un movemento
revolucionario mundial, que sería formado por persoas leais.
Para
iso fixo un programa de difusión das ideas bolxeviques (a través de
libros, publicacións, manifestacións, accións violentas) e a
implantación de Partidos Bolxeviques en cada país do mundo. Estes
novos partidos políticos debían recibir o nome de: Partido
Comunista de (o país). A peculiaridade desta internacional é que os
comunistas ou bolxeviques debían acatar as normas impostas dende
Rusia, e non se admitía a disidencia.
Logo
en outras entradas veremos un pouco a Guerra Civil e a NEP, xa que
creo que merecen un pouco máis de explicación.
GUERRA CIVIL (1919-1921).
NEP ou Nova Política Económica.
Para
completar un pouco o goberno de Lenin durou ata 1924 cando morreu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario