RUSIA TSARISTA
A Rusia Tsarista
era un Imperio que estaba crecendo, pero que estaba moi atrasado co
resto de potencias europeas. Rusia era un país inmenso, considerado
como a terceira potencia territorial do mundo na súa época, e que
posuía arredor de 140 millóns de habitantes. Pero este descomunal
imperio, que se estendía por gran parte de Europa Oriental e a gran
parte do Norte de Asia, tiña un gran problema: era debil e incapaz de competir co resto de potencias.
Extensión do Imperio Ruso antes da I Guerra Mundial. |
Goberno autocrático.
Unha das principais
características do Imperio Tsarista era a forma de goberno. O
control do estado estaba en mans do Tsar, que exercía este poder de
forma autocrático. Isto quere dicir, que o Tsar goberna de forma que
ten un poder absoluto. Isto en realidade nos recorda máis a un
estado máis propio do Antigo Réxime, pero en realidade Rusia
mantendo moitas máis características do Antigo Réxime, pero iso xa
o veremos un pouco máis adiante.
O Tsar gobernaba
Rusia con man de ferro, e estaba auxiliado pola Igrexa Ortodoxa, a
nobreza terratenente e o exército. Para seguir afondando, vemos que
o Tsar era considerado máis que o rei de Rusia, xa que o mesmo tempo
era considerado a máxima autoridade
política e relixiosa de Rusia, e iso
nos volve a recordar o Antigo Réxime. O Tsar era considerada unha
figura sacrosanta, na que moitas lendas contaban que posuía poderes
curativos e unha aura mística. Cousa que en realidade, agora nos
parece un pouco humorística, pero que naquela época era unha parte
importante do seu poder. O mesmo tempo, o
tsar era considerado como o Pai da Nación Rusa:
un pai caritativo que coidada do seus fillos, o pobo ruso. Aínda
que, como veremos a continuación, iso non foi sempre así.
Pero o mesmo tempo,
o tsar era o líder do exército, que lle servía tanto para
controlar o seu afán por agrandar o Imperio Ruso, como para reprimir
a oposición ó goberno do Tsar.
Ademais o Tsar era
un nobre, e o principal do nobres, sendo o dono da maioría das
terras e das industrias de Rusia. Pero o gran problema, tanto del
como do resto da nobreza terratenente, é que non modernizaron a
economía do país, senón que gastaban as súas enormes riquezas en
controlar a poboación que estaba baixo o seu control (millóns de
campesiños) e manter unha vida de luxo e ostentación.
Atraso económico.
Como xa mencionei
antes Rusia era un país atrasado
economicamente, que chegou
tarde a Revolución Industrial, e onde
as principais autoridades non incentivan a modernización de Rusia.
Isto non o mencionamos en clase, pero moitos dos intentos de
modernización do país viñan de iniciativa privada estranxeira, que
invertía millóns en Rusia para conseguir materias primas baratas.
Esta inversión baseábase basicamente na estimulación
de actividades comerciais (exportar
materias primas como os cereais, minerais, petróleo, etc.), ou
industrias para transformar destas materias primas e logo importalas
as potencias europeas.
Este é o motivo de
que a pouco industria que posuía Rusia a comezos do século XX
concentrarase en puntos estratéxicos: onde había materias primas,
onde se situaban os principais portos para a exportación ou en torno
as principais cidades.
Pero o atraso
económico non era so na industria, senón tamén na agricultura. A
agricultura seguía usando técnicas
propias do Antigo Réxime, polo cal non
podemos dicir que en Rusia existirá unha Revolución Agrícola o
modelo de Reino Unido. Todo o contrario, a maior parte da poboación,
ó redor do 90% da poboación, seguía traballando as terras de forma
rudimentaria. Isto provocaba unha escasa produtividade, e dificultaba
a modernización económica do país. Ademais as condicións do
campesiñado eran pésimas, e aínda que a servidume feudal estaba
eliminada: na práctica os nobres actuaban como señores feudais.
O proletariado
industrial, pese o atraso económico de Rusia, aumentaba a un ritmo
asombroso, pero as condicións laborais destes traballadores
industriais eran pésimas. Podemos facernos unha idea recordando os
primeiros momentos da revolución industrial con: longas xornadas de
traballo (que podían chegar as 14 ou 16 horas), as malas condicións
hixiénicas das fábricas, sen dereitos a cobrar un seguro por
desemprego ou enfermidade, etc. O que motivou a aparición dun
importante movemento obreiro, pero do que falaremos no seguinte
apartado.
Pese os enormes
recursos Rusia non foi quen de poñerse o mesmo nivel que o resto das
potencias europeas, pese ó cal o Tsar seguía intentando aumentar o
seu imperio e competir co resto de potencias.
Problema Sociais e Políticos.
As condicións do
campesiñado e do proletariado, que vivían de forma miserenta e
baixo a autoridade do máis poderosos, fixo crecer todo un sistema de
oposición ó goberno do Tsar. Este movemento de oposición foi
aproveitado polos marxistas e anarquistas, que estenderon a súa
influencia sobre Rusia; pero o goberno Tsarista opúxose radicalmente
a eles, usando a violencia e todos os medios o seu alcance.
Pero dentro das
clases máis adiñeiradas tamén creceu unha oposición o Tsar:
algúns terratenentes e burgueses (industriais e comerciantes)
aspiraban a ter participación na política. Para iso intentaron
negociar co Tsar a entrada dun sistema parlamentario similar o que
existía en Europa, pero o Tsar negouse rotundamente as súas
propostas.
Desta oposición
apareceron varias faccións, partidos políticos ou movementos:
Partido Kadete.
Este era o Partido
Democrático Constitucional, que en ruso as súas siglas son PKD (de
aí lle ven o nome de Kadete). Este estaba formado principalmente por
sectores da burguesía e algúns terratenentes, que aspiraban a
creación dun sistema liberal cunha constitución. Querían ter un
sistema parecido o do resto das potencias europeas da súa época.
Partido Eserita.
O Partido Eserita
ou Partido Social Revolucionario (P. S. R.). O seu nome ven de que os
seus seguidores eran denominados os social revolucionarios, ou para
abreviar os eseres ou eseritas. Este foi un partido un pouco ambiguo
na súa ideoloxía, xa que en principio defendía os intereses do
máis humildes (especialmente do campesiñado), pero dende unha
órbita de intelectuais. Posuía un programa política ambiguo, que
mesturaba as reivindicacións sociais para os máis pobres, pero sen
chegar a unha sociedade comunista. En realidade, isto é moito máis
complexo, pero non quero liarvos. O que si debedes ter en conta é
que foi o principal rival político para os Bolxeviques.
Logo temos os
partidos de carácter marxista, que
orixinalmente formaban parte do Partido
Obreiro Socialdemócrata de Rusia (POSDR),
pero que debido as súas divisións internas acabou formando dúas
faccións:
Menxeviques.
Os Menxeviques son
a facción moderada do movemento obreiro, o que actualmente
identificamos co socialismo. Eles pretenden a mellora das condicións
do proletariado e co campesiñado, pero entre as súas
características atopamos: a creación
dun partido político obreiro, que lle
permita o proletario ter voz na política. Os
menxeviques vían necesario a implantación en Rusia dunha revolución
burguesa previa a implantación da
verdadeira revolución socialista, para
logo ir pouco a pouco,con ese partido político obreiro
conseguir o poder e implantar o socialismo, Pero
o mesmo tempo, ven necesaria a progresiva
mellora das condicións das clases traballadoras.
![]() |
Vladimir Ilich Ulianov, tamén coñecido como Lenin. |
Ademais os
Menxeviques consideraban que era imposible a derrota do Tsarismo por
parte dunha soa facción da oposición, así que aceptaron a
negociación con outros partidos, incluíndo os partidos burgueses.
Isto levou a súa cooperación no goberno provisional, que veremos
máis adiante.
Bolxeviques.
Estes Bolxeviques
eran a versión máis radical do movemento obreiro, que
foi liderada por Lenin. Esta facción defende a existencia dun
partido fortemente organizado e profesionalizado, que sexa a vangarda
da revolución socialista. Este partido debe dirixir as masas
obreiras cara a toma do poder. Postulan que a revolución debe ser
realizada inmediatamente, sen ter que esperar a revolución burguesa.
Os bolxeviques postulan a toma directa do poder para implatar
directamente a ditadura do proletariado.
Anarquistas.
Presentaban
clara oposición o goberno do zar, pero non participan na política.
O que si intentaron participar nos sindicatos e nas cooperativas
obreiras. Pero tanto as autoridades tsaristas como as outras faccións
políticas ían na súa contra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario