Esta foi a política económica que foi imposta
por Lenin tras a vitoria na Guerra Civil, e coñecese como NEP ou
Nova Política Económica. Esta política combina
medidas capitalistas e socialistas, pero
dun xeito que rompe cos antigos programas económicos dos Decretos de
Outubro.
Porque Lenin fai isto, pois moi simple: a economía
de Rusia, despois do comunismo de Guerra, está desfeita. Como se viu
iso, ante as requisas de agrícolas moitos campesiños deixaron de
producir, debido a que sabían que se producían máis do normal, ían
quedarse sen el. Pero o mesmo pasou cos niveis de produción
industrial, que debido ó traballo obrigatorio e as cotas de
produción, descenderon ante a asfixiante control bolxevique. A xente
non producía porque non lle reportaba nada para eles. O mesmo tempo,
a caída da produción levou o desabastecemento das cidades e da
industria. Como consecuencia disto aumentaban os prezos dos produtos
básicos, pero non subían os salarios (que
aínda por riba baixaban ante as necesidades da guerra), o que acabou
provocando a un proceso de inflación do rublo. En conclusión a
economía de Rusia eran un caos. Por ese
mesmo motivo, Lenin organizou un novo sistema, no que esperaba que os
intereses colectivos e individuais foran xuntos, e reactivaran a
economía.
Entre as principais
características temos como Lenin intentou a estabilización
do rublo, a desaparición
das Requisas Agrícolas, a liberalización
parcial do Comercio Interior, etc.
O Estado conserva
o control dos sectores clave da Economía (principais
empresas de armamento, grandes empresas, electricidade, transportes,
etc.), pero
permitiu a desnacionalización de pequenas
e medianas empresas.
Lenin intentou
de resolver os problemas económicos, para
que Rusia e o Bolxevique sobrevivirán, e o mesmo tempo eliminar o
malestar social.
As consecuencias da NEP foron positivas, xa que en
xeral as condicións de vida da poboación
melloraron.
Apareceron os
Nepmen ou Homes da NEP, que eran os homes
que se beneficiaron da aplicación destas medidas económicas. Entre
estes homes da NEP podemos atoparnos a: pequenos
Kulaks (campesiños enriquecidos) e
empresarios Industrias e Comerciais.
Outra das consecuencias foi o aumento
da produción agrícola e industrial.
Incluso se permite a entrada de capitais estranxeiros. O goberno abre
a man sobre o control das empresas e do traballo dos empregados
(revaloriza a condición de técnicos
especialistas, os obreiros
poden cambiar de empresa, restablece unha
xerarquía de salarios, etc.)
Todo isto permite que Rusia
recupere en 1926
o nivel de produción de 1913.
Pero a propia NEP vai en contra dos principios
marxistas propios dos bolxeviques, isto provoca a discusións entre
os bolxeviques puros e os moderados. Isto acaba provocando a
desaparición da NEP en 1927 debido as
loitas polo poder dentro do PCUS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario