REVOLUCIÓN FEBREIRO.
Ante
a presión das folgas e dos motíns o Tsar abdicou e proclamase unha
República. Esta foi coñecida como a Revolución Burguesa ou a
Revolución de Febreiro. O Tsar abdicou e o poder quedou dividido en
dous grupos, que chegaron a loitar entre eles por facerse co control
de Rusia: o Goberno Provisional e o Soviets.
O Goberno Provisional.
Foi
pensado como un goberno de transición para formar un goberno
republicano, creando unha Constitución e un sistema parlamentario
parecido o que existía nos países europeas. Era o goberno
recoñecido polas potencias europeas, e considerabase como o poder
que sucedía o Tsar no goberno. Este goberno provisional estaba
formado por diferentes grupos ou faccións, entre os que podemos
atopar: burgueses, antigos tsaristas, sectores do exército, membros
da oposición política (Partido Kadete, Partido Eserita,
Menxeviques, etc.) Para intentar conseguir o apoio da poboación
prometeu unha serie de medidas de reforma: reformas políticas,
reformas económicas, reparto de terras ós campesiños, melloras nas
condicións do proletariado, etc.
Pero
o mesmo tempo, este goberno provisional intentou conseguir o apoio do
países europeas, para que lle deran lexitimidade o seu goberno e
poder contar co apoio económico e político dos aliados. Rusia tiña
medo de verse absorbida por Alemaña e o Imperio Austro-Húngaro,
agora que estaban debilitados. Motivo polo cal, o Goberno Provisional
mantivo a Rusia na I Guerra Mundial, que como veremos máis adiante
será a súa perdición. Pero a súa idea era asegurarse de que Rusia
volvera a recuperar os territorios perdidos ante os alemáns, xa que
pensaban que a caída de Alemaña era só cousa de tempo; e o mesmo
tempo, conseguir beneficios da derrota de Alemaña nos futuros
tratados de paz.
SOVIET DE PETROGRADO.
O
Comité Obreiro ou Soviet de Petrogrado (San Petersburgo) foi creado
o 27 de Febreiro de 1917, pouco despois dos acontecementos que
levaron a caída do Tsar. Este Soviet era un comité obreiro formado
por campesiños, soldados e proletarios: realmente o seu nome e
Soviet de Obreiros, Soldados e Campesiños de Petrogrado. Este
apareceu como consecuencia do desgoberno existente na cidade durante
a revolución de Febreiro, xa que as autoridades loitaban por ver
quen tiña o poder (os antigos tsarista ou o goberno provisional).
Nesta situación de caos, as clases uníronse e formaron un “goberno
popular” para xestionar a vida diaria e manter a orde e cubrir as
necesidades da poboación.
O
soviet estaba formado principalmente por: eseritas, menxeviques,
bolxeviques e algún anarquista. Entre os seus obxectivos atopamos: a
eliminación do modelo de goberno tsarista, mellorar as condicións
das clases populares (especialmente do obreiros), formar un grupo de
presión política (que lles permita influír nas decisións do
Goberno Provisional) e sobrevivir.
O
Soviet decidiu colaborar temporalmente co Goberno Provisional,
mentres examinaban como este goberno realizaba o seu goberno, pero
pouco a pouco foron converténdose no poder real dentro de Petrogrado
(San Petersburgo), e facéndolle sombra ó goberno de Kerenski.
Pouco
a pouco fóronse creando Soviets por toda Rusia. As principais
cidades organizaron Comités para xestionarse, e tomaron como modelo
o Soviet de Petrogrado.
Ascenso
de poder Bolxevique.
Grazas a amnistía xeral promulgada polo goberno provisional moitos dos líderes bolxeviques, entre eles Lenin (Vladimir Illich Ulianov) puideron volver a Rusia. Isto motivou unha reorganización do Soviet de Petrogrado: xa que os bolxeviques foron controlando o soviet. Unha das medidas máis destacadas foron “As Teses de Abril”, na que Lenín fai unha serie de reinvindicacións, que conseguen o apoio da poboación cara os bolxeviques. Entre estas peticións atopamos: ampliación dos Soviets a toda Rusia, buscar alianza entre proletariado e campesiñado, prometer a ocupación de terras para os campesiños, a finalización da Guerra, implantación dunha sociedade socialista, etc.
Isto
acaba provocando unha reacción por parte do Goberno Provisional, que
exerce a represión sobre os bolxeviques, o que lle fai gañar peso e
respecto dentro da poboación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario