O Imperio dos Tsares e a súa crise.
Rusia dos Tsares.
A principios
do s. XX Rusia era un extenso imperio que se estendía dende Europa ata a punta
máis oriental de Asia. Esta gran imperio estaba controlado pola dinastía dos Romanov, que exercía un goberno de
forma autocrático, e con iso quero dicir que o Tsar exerce todo o poder sen
restricións: político, económico, militar, social, lexislativo, etc. Pero isto
ía en contra dos sistemas políticos modernos que funcionaban en toda Europa
dende mediados do século XIX. Normalmente dicíase que Rusia seguía vivindo na
Idade Media mentres o resto de Europa entraba na Revolución Industrial.
Causas:
Podemos
ver como a Revolución Rusa foi un acontecemento que estoupou no ano
1917, pero en realidade temos que ver que as causas chegan moito máis
aló dese ano. En realidade temos que ter en conta que unha das
causas é os problemas de base que tiña o goberno tsarista.
Xa
avancei que o Imperio Ruso atopábase debilitado debido a súa
política exterior no que competía con varias potencias: como por
exemplo con Imperio Austro-Húngaro, no que ambos competían por
aumentar o seu poder nos Balcáns; pero tamén con Xapón, do que
saíu mal parado despois da Guerra Ruso-Xaponesa de 1905.
Pero
o feito que marcou a diferencia foi a entrada na I Guerra Mundial, xa
que iso toda unha serie de consecuencias que abriron paso a
revolución do ano 1917. Entre as principais causas temos:
Aumento dos gastos militares e da débeda exterior.
A
entrada de Rusia na I Guerra Mundial trouxo toda unha serie de gastos
militares,que ten que ver cos gastos en armas, municións, alimentos,
etc. Pero sen lugar a dubidas isto debía ser soportado polo estado
tsarista, que para iso tivo dous remedios: a subida de impostos as
clases populares e o aumento do endebedamento ante outras potencias
aliadas (especialmente entre os británicos, franceses e
estadounidenses). Isto fixo aumentar considerablemente os gastos do
estado, quitando recursos a outros sectores económicos.
Reorganización de la industria ó servizo do esforzo bélico.
Ó
igual que o resto dos estados involucrados na guerra: Rusia
reconverteu a súa economía para poder desenvolver as necesidades da
guerra. Por iso podemos ver que todas as industrias do país, pese as
súas limitación, foi orientada cara o esforzo de guerra: fabricando
armas, construíndo canóns, fabricando tecidos para os uniformes,
etc. Iso levou a que as necesidades da poboación con produtos
básicos ou destinados a poboación civil eran abandonados. Isto
ademais potenciou que as condicións das fábricas foron a peor
durante estes anos: xornadas de traballo máis longas, peor pagadas
(ou na que os soldos non subían de acordo coa inflación), etc.
Fracasos militares e perdidas territoriais
Ó
longo de todos estes anos nos que Rusia participa na Guerra (1914 ata
1917), vemos unha serie de derrotas militares ante os Imperio
Centrais, especialmente ante Alemaña. Isto podedes velo no mapa da
Fronte Oriental da I Guerra Mundial. As batallas foron sempre
favorables a Alemaña, e os avances contra os Austriacos e Otomanos
non foron suficiente. Isto provocou unhas enormes perdas humanas e
territoriais. Isto tivo como consecuencia unha clara oposición cara
o goberno e un malestar social dentro dos soldados e da poboación
civil, que observaban como os seus esforzos e sacrificios non valían
para nada. Esta tensión cara o goberno do Tsar foi crecendo a medida
que avanzaba a guerra, e que tivo como punto culminante os
acontecementos do ano 1917.
Malas colleitas.
Durante
os anos de guerra, cando moitos dos campesiños son mobilizados para
servir na fronte de guerra: deixan moitos campos de labor sen
traballadores. Rusia seguía sendo un país cunha agricultura moi
primitiva e, iso de forma clara, complicou a produción agrícola.
Pero este foi foi dificultado por secas e xeadas nos campos rusos,
que acabaron provocando un ano de malas colleitas.
Aumento da oposición ó goberno.
Pouco
a pouco a oposición o goberno tsarista vai crecendo tanto dentro dos
partidos políticos que aspiran a unha reforma liberal e democrática,
como nos partidos que aspiraban a unha revolución social (marxistas
e anarquistas). Os acontecementos da guerra, as malas colleitas e o
malestar social pola situación vai en aumento.
Crise económica
A
guerra e a propia situación de Rusia antes da Guerra provocan crise
na economía rusa.
Isto vai provocar que aplicación da guerra total leve a economía
rusa a niveles que crean miseria e fame na poboación civil. As
empresas que existían oriéntanse a produción de bens para a
guerra, e deixase de lado as necesidades da poboación civil.
A
crise económica e as derrotas militares provocaron unha subida do
prezo dos produtos, especialmente dos produtos básicos. Isto agrava
aínda máis a situación de miseria das clases populares. Debido a
situación de guerra hai desabastecemento
das cidades dos produtos de primeira necesitade:
iso acaba provocando a subida dos prezos dos poucos que chegan. Pero
o problema e que os soldos non suban, senón que máis ben se
estancaron, provocando un
proceso de inflación.
Todo
iso acaba provocando o malestar da poboación. Dando o caldo de
cultivo perfecto para que estoupe unha revolución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario