26 abril 2016

Actividade 3.



Vamos a ver un vídeo sobre a Crac de 1929 e cales foron as súas causas. No seguinte vídeo que dura apenas un 10 minutos, vamos a ver cousiñas sobre os Felices Anos 20.
Espero que o vídeo sexa interesante para vós.
Para isto vamos a velo e contestar as seguintes preguntas.
  1. ¿Cales foron as características do capitalismo durante os anos 20?
  2. ¿Por que e diferente a situación de Estados Unidos e de Europa? ¿Que países o pasaron peor? Explica a situación dos países mencionados.
  3. ¿Por que en Alemaña hai oposición o goberno de Weimar? ¿Que partido vai crecendo en importancia durante os anos 20?.
  4. ¿Que economista critica as políticas económicas durante os anos 20 antes de que estoupara a crise?
  5. Fala de un personaxe chamado Charles Lindbergh. Busca información sobre el.
  6. Fala do Xoves Negro, pero no vídeo hai un erro. A ver se sodes quen de atopalo. Esta é facil, pero hai que prestar atención o vídeo e buscar o feito correcto.
Para esta actividade vou dar unha semana, como de costume, que comeza hoxe día 26 de Abril e vai a rematar o 3 de maio as 22.00. As normas son as de costume:
  • Debedes entragar a actividade antes da hora limite.
  • Podedes entregarme o traballo das formas habituais:
    • Darmo en man antes da data limite.
    • Enviarme as respostas o correo electrónico.
    • Colgalo como comentario na entrada do blog.

1 comentario:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar