Na seguinte entrada vamos a tratar a evolución da demografía europea, e un pouco mundial, ó longo do século XVIII. A demografía é o estudio das poboación, e para iso vamos a centrarnos agora nas poboación e como evolucionaron o longo do Antigo Réxime.
O longo do Antigo Réxime existía unha tendencia demográfica, coñecida co nome de Demográfico de Antigo Réxime. Este caracterizase por os seguintes elementos:
- Presenta unha alta natalidade.
- Presenta unha alta mortaldade.
- O crecemento natural da poboación (a diferencia entre o número de nacementos e o numero de falecidos) é moi baixo. Isto provoca que o crecemento da poboación dos países sexa moi reducido.
- De vez en cando aparecen episodios de alta mortaldade, provocados por fames, pandemias ou guerras, que dificultan aínda máis o crecemento da poboación.
Para entender isto debedes de acordarvos do exemplo que puxen en clase sobre as familias do modelo demográfico do Antigo Réxime. Estas familias eran moi numerosas no número de fillos que podíana ter: había moitos partos e nacían moitos nenos; pero moitos deses nenos non chegaban a idade adulta debido a múltiples problemas (fames, enfermidades, etc.). As familias tiñan tantos fillos para poder asegurarse unha proxenie que axude na economía familiar (usándoos como forza de traballo no campo), pero tamén para asegurarse de que algún dos fillos coidara dos país cando fosen maiores.
Pero pese a todo isto a poboación europea creceu o longo do s. XVIII, pasando de 115 a 190 millóns de habitantes. Isto debeuse a un cambio na tendencia demográfica, na que se mantivo alta a natalidade, pero baixa a mortaldade debido a toda unha serie de causas. Entre estas causas podemos atopar as seguintes:
- Mellora na dieta alimenticia, grazas a introdución de novos cultivos: millo, pataca, tomate, pemento, etc. Estas melloras na alimentación veñen provocadas por varias causas. A primeira delas é a introdución de novos cultivos procedentes do Novo Mundo, os cales permiten maior produtividade. Un bo exemplo son as patacas e o millo. Ambas plantas producen unha enorme cantidade de excedente que pode ser aproveitado para alimentar a poboación, co que as fames son menos recorrentes. Unha mellor alimentación da poboación permítelle estar máis preparado para defenderse das enfermidades, e facilita que sobreviva máis xente as grandes pandemias.
- Redúcese a virulencia das grandes pandemias: pestes, gripes, viruela, cólera,... Non é que as pandemias desaparezan, senón que máis xente consegue sobrevivir. Isto debese a melloras na alimentación, pero tamén a melloras na medicina e na hixiene. A Ilustración implanta a necesidade de que os avances científicos cheguen a sociedade, e que mellor método temos que implantar os avances médicos. Pero a Ilustración preguntase cales son as causas desas enfermidades, por iso leva a descubrir que moitas das causas desas enfermidades son a falta de hixiene e as condicións de vida da poboación. Esto estimula a que as cousas cambien e fomentar o acceso a auga potable e a creación de sistema de limpeza e sumidoiros, que se van implantar nas cidades pouco a pouco. Todo iso permite que as enfermidades non se estendan con tanta virulencia.
- Carácter menos sanguinario das guerras. Non é que as guerras deixen de existir, pero si é certo que as guerras son menos virulentas. Tedes que acordarvos doutro dos apartados do tema, o do Equilibrio Continental, que aparece despois dos Tratados de Utrech (1713) e Tratado de Rastatt (1714). Estes tratados provocan un intento de equilibrio entre as potencias en Europa, levando a que moitos dos conflitos se leven a cabo nas colonias, dese modo arrédanse as guerras de Europa: e a poboación vese menos afectada por elas.
O aumento da poboación europea foi desigual:
- Reino Unido, Rusia e Prusia aumentaron considerablemente a súa poboación.
- España, Italia e Francia tiveron un crecemento moderado da súa poboación.
- Países Baixos e Europa Oriental mantiveron a súa poboación.
A continuación adxunto os seguintes cadros coa evolución da poboación de Europa.
Tamén podemos ver un cambio de tendencia dentro do século XVIII no caso da poboación Urbana.
Ó longo do século XVIII vemos un cambio na tendencia da poboación. A maioría da poboación (máis do 80%) segue vivindo no campo, pero si crece o número de poboación urbana. A poboación das cidades crece polo aumento das actividades económicas artesanais e comercias, que fai necesaria máis man de obra. Pero tamén se debe o aumento das melloras das condicións de vida dun habitante da cidade con respecto a un campesiño. Non é que a súa vida sexa máis fácil, pero si ten máis liberdades e menos abusos por parte dos señores feudais.
Entre as cidades máis importantes de Europa podemos atoparnos con:
Ó longo do século XVIII vemos un cambio na tendencia da poboación. A maioría da poboación (máis do 80%) segue vivindo no campo, pero si crece o número de poboación urbana. A poboación das cidades crece polo aumento das actividades económicas artesanais e comercias, que fai necesaria máis man de obra. Pero tamén se debe o aumento das melloras das condicións de vida dun habitante da cidade con respecto a un campesiño. Non é que a súa vida sexa máis fácil, pero si ten máis liberdades e menos abusos por parte dos señores feudais.
Entre as cidades máis importantes de Europa podemos atoparnos con:
- Londres supera os 900000 habitantes.
- París supera os 600000 habitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario