23 setembro 2015

O Despotismo Ilustrado.


Sistema político propio do século XVIII, que reformula absolutismo mediante os principios da Ilustración. O Antigo Réxime foi criticado pola Ilustración dende varios puntos de vista, e os monarcas intentaron contentar mediante unha pequena reformulación coñecida co nome de Despotismo Ilustrado. O obxectivo deste Despotismo Ilustrado é aumentar o poder, a riqueza e a importancia do reino, e polo tanto aumentar o poder do monarca.

Este Despotismo Ilustrado intenta conciliar as ideas da Ilustración, ou polo menos aquelas ideas da Ilustración que o monarca consideraba interesantes, co seu goberno. Isto leva a que o monarca organiza un goberno de carácter "despótico", no que o monarca exerce o poder sen limitacións de ningún tipo, aínda que usa certos aspectos da Ilustración. Este goberno ten uns principios básicos, no que o monarca exerce este poder polo ben da sociedade e o progreso dos seus habitantes, pero o monarca non ten en conta ningunha das persoas ou grupos na toma de decisións. Esta teoría defínese nunha pequena frase, que manifesta toda esta teoría: "Todos para o pobo, pero sen o pobo".

Para a implantación destas medidas Ilustradas o monarcas van centrarse nas medidas para incentivar a aplicación dos coñecementos científicos a sociedade e a implantación de toda unha serie de melloras para incentivar a economía e a riqueza do país.

Características básicas:
  • Intenta conciliar o Absolutismo cos ideas da Ilustración. Os monarcas absolutistas son conscientes das moitas vantaxes que poden outórgalle os principios da Ilustración para facer máis poderosos e máis rico o seu reino. Este motivo lévalles a intentar
  • O monarca segue conservando o poder absoluto, pero intenta implantar toda unha serie de reformas (económicas, agrícolas, industriais, culturais, educativas, artísticas, etc.) para mellorar o pais.
    • Potencia a Industria nacional por medio do apoio estatal e a creación de Fabricas Reais.
    • Intenta levar a cabo a modernización da agricultura.
    • Impulsou o comercio mediante a mellora dos medios de comunicación e as infraestruturas.
    • Impulsa co coñecemento científico (mediante a creación de Universidades e Academias) e o desenvolvemento do Sistema Educativo.
  • Aumenta o proceso de centralización da administración.
  • Incrementa a profesionalidade do exército.
  • Consolida o sometemento da nobreza e o clero ó rei.
  • Intenta mellorar as condición de vida do Terceiro Estado.

  • Desenvolvese de forma desigual o longo de Europa:
    • Francia: Luís XV.
    • España: Carlos III.
    • Prusia: Federico II.
    • Rusia: Catarina, a Grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario