Sociedade.
Nesta entrada vamos a tratar como era a sociedade durante o Antigo Réxime, e a súa evolución con respecto a Idade Media. En principio debemos manter que a sociedade do Antigo Réxime ten o seus orixes na sociedade creada na Idade Media seguindo un orden estamental.
Pero que entendemos por sociedade estamental.
Sociedade Estamental: Sociedade que se desenvolveu en Europa o longo da Idade Media e Moderna. Defínese por unha división da sociedade en tres grupos ou estamentos: Nobreza, Clero e o Terceiro Estado (campesiños, burgueses, etc.). Os dous primeiros grupos son os privilexiados; e o terceiro, os non privilexiados. Cada estamento posúe as súas propias leis, normas e formas de acceso.
Pero un dos elementos máis importantes dentro de este esquema, é explicar os problemas ou a conflitividade social existente dentro de estas comunidades.
Un dos primeiros problemas é o feito de que a burguesía o longo do s. XVIII posuía un enorme poder económico, grazas o esplendor do comercio e do artesanado, pero negáselle a participación no goberno e na administración. Todo isto ven como consecuencia dun problema básico que vai a ir aumentando o longo de todo o século, xa que a burguesía é un grupo que comeza a ser economicamente tan importante, que intenta que a súa riqueza, se equipare cun prestixio social. Pero iso é mal visto polos sectores tradicionais (nobreza e clero), xa que entón estes perderían parte do seu poder. Cousa que sinceramente eles se negan a perder. Esto leva a unha serie de conflitos, que en moitos casos non se resolve de forma definitiva ata a implantación das revolucións burguesas e a instauración dunha sociedade de clases. Aínda que si é certo, que a finais do Antigo Réxime existen persoas da Burguesía que comezan a formar parte dos engrenaxes do poder, grazas a introdución das ideas da Ilustración e a implantación do Despotismo Ilustrado.
Outro dos elementos típicos de conflitividade social, e esta intimamente relacionado co anterior, e que a nobreza vive grazas as rendas obtidas no seu feudo, pero progresivamente arredase das súas funcións socias (defender a sociedade), que acaba pasando a control da coroa e dos exércitos reais. Nun sistema estamental medieval, a nobreza cumpría unha función social: sendo os que defenden a sociedade dos perigos internos e externos. Esa función social, que exercían como cabaleiros e soldados, dáballe o privilexio de vivir das rendas que lle pagaban os habitantes do seu feudo. Pero a medida que o Estado Moderno se vai facendo con maiores esferas de poder, esa función militar desaparece dentro da nobreza. Os monarcas absolutistas fanse co control dos exércitos, que agora son exércitos profesionais: pagados polo Estado e o servizo do monarca absolutista. Pero se xa non defenden a sociedade, que fan os nobres durante a súa vida. Pois temos unha serie de respostas moi sinxelas: intentan participar en política, sendo funcionarios ou oficiais do exército o servizo do monarca absolutista, vivir ben nos seus castelos ou pazos a base das rendas que lle seguen cobrando os habitantes dos seus feudos e, sobre todo, gozando da vida que lles toca vivir. Esto último acabou creando unha hostilidade por parte dos seus campesiños, que vivían afogados mentres o seu señor feudal vivía a costa deles sen ningunha contraprestación.
Outro dos elementos que vamos a explicar é a aparición da Ilustración e de toda unha serie de ideas que veñen da súa man, e que fan aparecer novas visións sobre a sociedade e a posición de cada un dos seus individuos nela. Aparecen os novos ideais da Ilustración, que cuestionan a sociedade estamental pola súa pouco utilidade, e pola pouca racionalidade do seu funcionamento. Esto levará a unha serie de criticas, que estouparon coas Revolucións Burguesas, dando lugar a unha nova sociedade coñecida como: sociedade de clases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario