A
critica ó Absolutismo dende a órbita da Ilustración
manifestouse na implantación dun sistema político baseado no Absolutismo, que daba prioridade o poder absoluto
dun monarca. Este monarca tiña un poder absoluto, que viña gracias a
principios teolóxicos creados e fomentados pola Igrexa durante a Idade
Media, e que continuaron durante a Idade Moderna. Pero coa chegada da
Ilustración comezaron a aparecer voces discordantes con este tipo de
poder.
Xa existiron durante a Idade Medía e Moderna intentos de limitar o poder dos monarcas, pero a creación do Estado Moderno, durante a o s. XV e comezos do XVI, potenciaron un abandono dos tradicionais Parlamentos ou Cortes. O monarca, a medida que avanzaba o tempo as convocaba menos os Parlamentos ou Cortes, e só as convocaba cando lle interesaba e sabía que o resultado lle sería favorable. Isto foi acentuándose durante o Absolutismo, onde o monarca concentraba aínda máis o seu poder.
A reacción de moitos de estes grupos ilustrados foi o de reorganizar o pensamento social e político mediante o uso da Razón, e para iso van formular diferentes teorías sobre o poder e a súa aplicación a políticas. Entre os tres grandes pensadores da Ilustración podemos destacara as figuras de Montesquieu, Rousseau e Voltaire.

Na seguinte entrada vamos a tratar as críticas da Ilustración o Antigo Réxime, centrándome nos asuntos políticos, para iso imos analizar a diferentes autores, dos cales temos falado en clase. Avánzovos, que moitas das cousas expliqueinas cando expliquei a Ilustración, e aparecen no esquema, pero moitas das súas visións practicas vamos a velas no modelo implantado na práctica nos Estados Unidos e na Francia Revolucionaria. Co cal a explicación practica vaise meter dentro do Tema 2.
Montesquieu.
O seu verdadeiro nome é Charles Louis de Secondat, sendo un nobre dentro das sociedade francesa do Antigo Réxime sendo Señor de la Brède y Barón de Montesquieu. Pese a que por nacemento pertencía a elite da sociedade francesa, foi un pensador e filósofo ilustrado que realizou grandes críticas ó Absolutismo e a monarquía francesa. Entre as súas teorías políticas destaca a concepción da división de poderes ou separación de poderes dentro do Estado. Neste caso vemos como el concibe o poder como una entidade que debe ser divida polo beneficio da sociedade, xa que o repartir as esferas de poder, evitas o abuso e o goberno despótico. Este é un intento de evitar o poder exercido polos monarcas absolutistas, nos que o monarca posúe: o goberno dos asuntos diarios do reino, ten a capacidade de impoñer leis (lexislar), e o que administra xustiza, etc. Esto permítelle o monarca exercer un control completo da sociedade, pero a idea da división de poderes contempla que cada un dos poderes é independente, e asi mesmo serve para que uns eviten o abuso de poder dos outros. Tendo todo isto en conta, o que se pretende é un equilibrio dos diferentes poderes que existen nun estado, para que a sociedade evolucione sin o abuso de certos grupos ou sectores sociais.
Para Montesquieu existen tres poderes:
- Lexislativo. Elabora as leis, e debe ser levado a cabo polo Parlamento.
- Executivo. Fai cumprir as leis e exerce o goberno diario, que recae no rei e na administración dos gobernos.
- Xudicial. Administra a xustiza, que debe ser autónomo e presidido por un Tribunal Supremo.
Segundo o seu modelo ideal, deben ser poderes completamente independentes, que deben loitar para que ningún dos tres se impoña sobre os demais e sirva de equilibrio para que os cidadáns non sexan obxecto dun goberno despótico polos que están no poder
.
Rousseau.
A seguinte das grandes personalidade é Jean-Jacques Rousseau. El foi un dos grandes pensadores ilustrados, aínda que moitos dos pensadores da súa época consideralo como un personaxe con unhas ideas que o apartaron un pouco dos ideais da Ilustración. Naceu no seo dunha familia calvinista, que tivo que emigrar a Suiza polas súas crenzas, onde estudou e formouse como filosofo, músico, escritor e reloxeiro. Tras un conxunto de viaxes por Francia e Inglaterra, reformula as súas teorías políticas.
Desenvolve a “Teoría da Democracia”. Afirma que a soberanía (ou poder supremo) reside na Nación ou conxunto de cidadáns. Os cidadáns delegan ese poder nos órganos de goberno, que deben actuar en beneficio da sociedade. A Nación ten a capacidade de retirarlle o poder, no caso de que os gobernantes non actúen axeitadamente.Pero o mesmo tempo, concibe que este pacto de poder debe quedar configurado mediante un "Contrato Social", no que se establezan os diferentes ámbitos de poder que delegan, asi como as liberdades dos individuos. O beneficio da sociedade debe partir dun acordo común, aceptado por todas as partes. Esto plasmase na practica no ideal dunha Constitucións, que marque os diferentes aspectos do poder e das liberdades.
Voltaire.
O seu verdadeiro nome é François Marie Arouet, pero debido as súas ideas ilustradas, debeu facerse cun sobrenome: Voltaire, co que será coñecido por gran parte dos historiadores e a xente común. El naceu nunha familia aristocrática francesa, que lle permitiu formarse en importantes colexios de Francia, e ocupar toda unha serie de cargos políticos. Pero debido a súas ideas criticas co poder e os seus problemas coas mulleres foi apartado foi encarcerado na Bastilla en varias ocasións. Para evitarse problemas decidiu escribir baixo o pseudónimo de Voltaire. Tamén debido a eses problemas tivo que estar exiliado unha tempada en Inglaterra, onde entrou en contacto como modelo inglés e as ideas de John Locke e Isaac Newton. Pero pese os seus problemas cos poderosos, chegou a ser un dos homes más ricos da súa época.
Debido a esa estancia en Inglaterra defendeu a creación dun sistema político parlamentario(similar o británico) que limite o poder do rei e garanta a liberdade dos individuos. El considera que é necesario un "pacto social" para preservar o ben individual e colectivo. Para iso defende o uso da Razón, o desenvolvementos da educación e o principio de liberdade intelectual.

Ningún comentario:
Publicar un comentario