24 setembro 2015

O Absolutismo.

¿Que entendemos por Absolutismo?

Pois dende sempre considerase un sistema político propio de moitas potencias europeas do século XVII e XVIII, que se baseou nunha serie de características:

O monarca presenta un enorme poder, no que o monarca concentra todos os poderes e no que se considera que o seu poder é concedido por Deus. En moitos casos considerarse que "é rei pola gracia de Deus". Esta é unha frase moi recorrente para explicar os enormes poderes do monarca. O poder do monarca non pode ser discutido, xa que Deus lle deu ese poder.
Estes enormes poderes inclúen: a capacidade de lexislar (impoñer leis), gobernaba nos asuntos diarios, administraba a xustiza, dirixía a política económica do seu reino, controlaba a Facenda e o control dos impostos, o mando sobre o exército, etc.

Para mellorar o control sobre o seu reino intentou levar a cabo: 
  • Un proceso de centralización de todo o goberno e administración na Corte. Neste proceso de centralización o monarca intenta aumentar o seu poder dentro do Estado, reorganizando todo o sistema para que todo pase polas súas mans, ou polo menos por persoas afíns a el. Para iso realiza todo un proceso de centralización, onde todo ten que orientarse cara o monarca e o seus persoeiros afíns. Todo debe centrarse na persoa do monarca, xa que el é o centro de todo o sistema político. No caso do goberno e a administración vese que o monarca e o centro de todas as funcións de goberno e o centro de todo o complexo administrativo que xestiona o reino. 
  • Aumento da burocratización, que agora depende totalmente da Corte e do Rei.  O proceso de centralización leva implícito un aumento do persoal adicado o control e o goberno do reino. Para que o control do monarca sexa máis eficiente ten que aumentar o persoal adicado a cubrir todas esas funcións de goberno.
  • Eliminación dos parlamentos rexionais, unificando as leis e os impostos de tódolos territorios do Estado. O monarca para aumentar o seu poder sobre o reino, intenta limitar o poder das vellas institucións medievais (Parlamentos ou leis forais). Para poder limitar este poder o monarca intenta convocar o mínimo as Cortes ou Parlamentos, evitando que os grupos privilexiados poidan influír na súa política por medio das votacións. O mesmo tempo, intenta unificar as leis para que todo o seu territorio estivera marcado polas mesmas normas; en moitos casos estes intentos non funcionaron completamente, pero si permitiron ó monarca aumentar o seu poder de forma considerable.
  • A alta nobreza e alto clero arredase dos altos cargos do goberno e da administración. O obxectivo deste punto é disminuir o peso dos privilexiados dentro da esfera de poder política alonxando a os poderosos do poder político, para que o monarca teña o máximo poder posible. Estes membros da alta nobreza e alto clero son substituídos pola baixa nobreza, que depende totalmente do rei e lle é leal. Nalgúns casos poden aparecer membros da burguesía, pero en escaso número e en postos de poder secundarios.

Dentro dos grandes monarcas absolutistas, podemos ver dous bos exemplos:

 

















Dento deste sistema de goberno o papel da poboación, a dos súbditos, en política consiste na submisión dos designios do monarca e a participación dos seus representantes nos Parlamentos (Cortes, Dietas, Estados Xerais,…) aprobando os novos impostos solicitados polo rei. Aínda que en realidade non poden dicir nin facer moito.


Bases teóricas do absolutismo:
O absolutismo non ten exactamente ningún filosofo que plasme as súas teorías, pero si se inspira en toda unha serie de autores dentro dos cales os máis destacados son:
  • Bossuet. O poder perténcelle o rei por designio divino.
  • Bodino e Hobbes. O rei é un elemento de equilibrio que permite que a orde social funcione de forma axeitada, e que evita o abuso dos intereses individuais.
Existiron toda unha serie de criticas o Absolutismo, mantido nas ideas da Ilustración e nas reformas que levaron o Despotismo Ilustrado, das cales falarei nunha entrada posterior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario