23 setembro 2015

Outros sistemas políticos alternativos ó Absolutismo e o Despotismo Ilustrado.



Ademais do Absolutismo e o Despotismo Ilustrado existen en Europa outros modelos de Estado que están vixentes durante a Idade Moderna. Ambos son casos peculiares que se arredan dos modelos tradicionais en Europa, e que lle dan unha perspectiva especial dentro da súa propia historia.

Existen dous estados que se arredan dos modelos absolutistas: Gran Bretaña e a República das Provincias Unidas (Holanda).
O seu modelo teórico basease nas teorías propostas por Locke, defensor do parlamentarismo. El sostén que:
  • Os individuos cédenlle a soberanía a nación, ou sociedade, como medio de protexer a liberdade e a propiedade.
  • A nación ou a sociedade esta representada no parlamento, que ten a capacidade de elabora as leis. 
  • O rei exerce o goberno diario, e serve de equilibrio e contrapeso conta o abuso dos poderosos. 
  • Os súbditos, que seguen posuíndo a soberanía, poden opoñerse a un goberno cando este non cumpre as funcións ou realiza un mal goberno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario