21 setembro 2015

Comezamos co Antigo Réxime e vamos comezar coa sociedade.

Pois o primeiro que vamos a ver é a sociedade durante o Antigo Réxime. Esta defínese como unha Sociedade Estamental, que se desenvolveu en Europa o longo da Idade Media e Moderna.
Esta tipo de sociedade esta organizada mediante unha división en tres grupos ou estamentos:
  • O estamento nobiliario.
  • O estamento clerical.
  • O Terceiro Estado (campesiños, burgueses, etc.). 
Os dous primeiros grupos son os privilexiados, que teñen toda unha serie de vantaxes, como por exemplo, o de non pagar impostos, ou vivir a costa do Terceiro Estado. Tanto o estamento nobiliario como o clerical posúen as súas propias leis, normas e formas de acceso. En realidade a nobreza so se pode acceder por nacemento, ou en casos excepcionais cando o rei outorga títulos nobiliarios (cousa que acontece en moi poucas ocasións).
No caso do estamento clerical so se accede mediante a ordenación dos seus membros, pero iso segue sendo igual hoxe en día. En moitos casos so persoas con certo poder económico acceden ó estamento eclesiástico, xa que a entrada nos seminarios ou nos mosteiros implica un desembolso económico moi importante.
Mentres que o Terceiro Estado é o conglomerado do resto da poboación, e son considerados como os non privilexiados. Estes son considerados como o sector social dos traballadores. Dentro de este sector podemos atoparnos dende ricos burgueses (banqueiros, grandes comerciantes, grandes donos dos talleres) ata tendeiro, artesáns, campesiños, servos ou marxinados sociais.
Estes son os que soportan a gran parte dos gastos do Estado por medio dos impostos que pagan; pero tamén son os que manteñen os estamentos privilexiados.
Sociedade Estamental.

Conflitividade Social.

Aínda que este sistema social ten máis de mil anos, presenta unha serie de problemas que levan a conflitividade social, e que foron unha causa da caída do Antigo Réxime. O primeiros problema e que a Burguesía o longo do s. XVIII posuía un enorme poder económico, grazas o esplendor do comercio e do artesanado; pero negáselle a participación no goberno e na administración. Estes influídos polas ideas da Ilustración e os acontecementos sociais van servir de reinvindicación para ocupar unha posición máis elevada na sociedade.

A nobreza que sigue sendo un dos grupos sociais máis importantes, quere manter a toda costa os seus privilexios e a súa posición económica. Ó longo da Idade Moderna a nobreza vai a perder esas funcións sociais que lle deron orixe o sistema: deixa de ser os defensores da sociedade, os altos cargos en política e os lideres das forzas armadas. En lugar diso dedicase a vivir nos seus pazos e castelos grazas as rendas obtidas no seu feudo.

A Ilustración e os seus ideais van intentar cambiar a sociedade, a economía e a política. Iso vai supoñer toda unha serie de ideas sobre a creación dunha nova sociedade máis igualitaria e onde esta sociedade estamental deixe de ter sentido, pero iso xa o veremos máis adiante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario