Podemos ver
como o longo de toda a Idade Moderna apareceron toda unha serie de teorías
sobre a economía e como potencias a economía de cada un dos Estados Modernos.
Os monarcas potencian a creación desas teorías económicas, co obxectivo de
facer cada vez máis poderoso o seu reino, e polo tanto facer máis poderoso o
seu propio poder.
Existen tres grandes teorías económicas principais, na que destacan: o Mercantilismo, o Liberalismo Económico e a Fisiocracia. Estas dúas últimas estaban potenciadas e inspiradas en ideas propias da Ilustración.
Existen tres grandes teorías económicas principais, na que destacan: o Mercantilismo, o Liberalismo Económico e a Fisiocracia. Estas dúas últimas estaban potenciadas e inspiradas en ideas propias da Ilustración.
![]() |
Jean-Baptiste Colbert. |
a. Mercantilismo.
Mercantilismo foi unha teoría económica que se desenvolveu en Europa o
longo da Idade Moderna (especialmente nos séculos XVII e XVIII). Esta foi difundida e inspirada por
varios países, pero non que destacou o caso de Jean-Baptiste Colbert, que defendeu un modelo
propio do mercantilismo.
Entre as
características básicas:
- O obxectivo principal da economía é facer o Estado máis poderoso. Para eles o obxectivo principal é poñerse o servizo do monarca. Facendo máis rico o Estado permitíalle facer máis poderoso o reino. Un país rico pode soster políticas internacionais, ou mellor dito as guerras, nas que o Estado leve as de gañar. Isto levara a que os monarcas absolutistas, que son a esencia do Estado Moderno, busquen potenciar esas economías: o que lles permite ser máis poderosos.
- O Estado presente un alto grao de Intervencionismo na economía. O obxectivo básico desta teoría é facer máis rico o Estado, e por antonomasia facer o monarca máis rico e poderoso. Para iso o Estado decide tomar un papel activo dentro da economía, facendo toda unha serie de políticas que potencien o desenvolvemento económico e potenciando certos sectores que lle parecen máis interesantes para o desenvolvemento económico do Estado.
- A prosperidade do Estado basease na cantidade de Capitais (metais preciosos), que se pode acumular. Unha das premisas destes teóricos é considerara como a riqueza se basea na acumulación de metais preciosos (ouro, prata e xoias). Aínda que agora, dende unha visión actual, nos parece un pouco ilóxico, para eles o Estado que posuía máis metais preciosos: era o Estado máis poderoso. Isto debese a mentalidade de que o ouro e a prata paga os exércitos e os gastos do Estado.
- Considera o comercio como a principal actividade comercial, especialmente o comercio exterior, xa que este permite a acumulación rápida de capital. Para conseguir acumular esa acumulación de riquezas ou capitais consideraban como mellor modo as actividades comerciais, xa que estes podían ofrecer unha acumulación rápida de metais preciosos. Pensade na idea de que estamos nun tempo de comercio colonial, onde as colonias aportan grandes cantidades de metais preciosos de forma rápida a cambio desas manufacturas da Metrópole. Ademais ese comercio sempre acaba sendo favorable a Metrópole e non tanto as colonias.
- A acumulación de capitais conséguese cunha Balanza Comercial Positiva (as exportacións ten que superar as importacións). Para poder manter esa acumulación de capitais van potencias unha balanza comercial, onde se prime a adquisición de metais preciosos polo comercio. O obxectivo básico é que sempre vendamos máis manufacturas, que as que poidan entrar no noso país: para así poder acumular moitos máis metais preciosos. En todo o posible intentarase que o país sexa autosuficiente, fabricando todo aquilo que sexa necesario, e evitando comprarllo os seus rivais: evitando enviarlle ós rivais metais preciosos.
- Desenvolvían unha política proteccionista, que favorece as exportacións, e dificulta as importacións por medio da implantación de impostos aduaneiros (aranceis). Para conseguir ese obxectivo prioritario de facer máis grande o Estado, manifestase a necesidade dunha política proteccionista, que consiga evitar na medida do posible a fuxida deses valiosos metais preciosos cara o exterior. Como podemos evitar que os habitantes do reino compren cousas procedentes doutros estados, e lles envíen eses capitais: pois poñéndolle impostos a todos aqueles produtos que son considerados un mal para a política económica do Estado. Esta política de impoñerlle os aranceis (eses impostos) a calquera produto que veña doutro país provoca que aumente o prezo do produto, e por conseguinte facerlle máis caro ese produto á poboación. Así os habitantes prefiren un produto nacional máis barato, antes que un produto estranxeiro máis caro.
- Esta política comercial agresiva entre as diferentes potencias europeas e unha carreira colonial. Todos estes intentos de crear un Estado Moderno rico e poderoso: crean rivalidades e tensións entre as diferentes potencias europeas e toda unha serie de guerras para levar a cabo esas políticas proteccionistas, esa balanza comercial positiva, ese intervencionismo económico, etc. Moitas veces esas tensións acaban provocando guerras, que en moitas ocasións teñen diferentes causas, pero acaban tendo un claro compoñente económico. Para evitar as competencias dentro de Europa intenta conseguirse novos mercados protexidos: onde conseguir vender os seus produtos libremente e conseguir materias primas a un baixo prezo. Por ese motivo comeza unha carreira colonial, que se levara a cabo en América, Asia e África.
![]() |
A.R. Jacques Turgot. |
b. Fisiocracia.
Teoría económica fundada no século XVIII por François Quesnay e A. R.Jacques Turgot. Esta teoría económica defende a existencia dunha lei natural, que rexe a vida económica, e que regula o funcionamento da economía. Esta teoría nega a necesidade de intervención do Estado en Economía. Defínese esta teoría económica pola frase: Laissez Faire, que libremente se traduce por deixar facer.
![]() |
François Quesnay. |
Dentro das características básicas da Fisiocracia
podemos atoparnos:
· Oponse o Mercantilismo. Debido a crenza dunha lei natural
que rexe a vida da sociedade, e da economía: consideran como innecesario a
intervención da política en economía. Eles consideran que esa intervención
económica pode dificultar o progreso económico do país. Iso provoca que rexeite
todas os principios económicos do Mercantilismo.
·
A riqueza é a capacidade de
producir. Considera
que a riqueza das nacións provén da capacidade de produción, non da capacidade
de acumular metais preciosos. Esta obtense grazas a terra, xa que considera que
a riqueza dun país ven dos recursos que ten o terreo, e a forza de traballo dos
seus habitantes. Se un país ten terras fértiles e unha poboación orientada a
aproveitar eses recursos: ese é un país rico.
·
O sector primario é o máis
importante. Considera a
agricultura e a gandaría como as actividades económicas máis importantes, xa
que son as únicas que producen riqueza. Danlle una consideración moi inferior a
industria e o artesanado. Isto ven da crenza de que a verdadeira riqueza e a
capacidade de produción: xa que as actividades agropecuarias son as únicas que
producen realmente algo, mentres que os artesáns e comerciantes só manipulan os
produtos.
·
Defende o librecambismo. Defende unha política comercia, onde
as aduanas non sexan necesarias. Eles ven como a creación de aranceis e
políticas proteccionistas dificultan o avance económico e prexudican a
agricultura, que é a principal actividade económica. Ademais diso, veo como
unha política propia do Mercantilismo, co cal é nefasto para a economía.
c. Liberalismo Económico.
![]() |
Adam Smith. |
![]() |
David Ricardo. |
Teoría ou doutrina económica que se desenvolveu durante a Ilustración, tendo
como principais teóricos a Adam Smith e David Ricardo. Presenta unha clara
oposición cara o Mercantilismo e moitas diferenzas coa Fisiocracia.
Entre as principais características do liberalismo económico podemos atopar:
· A principal fonte de riqueza é a
forza de traballo dos seus cidadáns. Nega os principios do Mercantilismo (coa acumulación
de metais preciosos) e a da Fisiocracia (coa Terra como elemento fundamental
para obter a riqueza. Eles consideran que a riqueza depende da produtividade
dos traballadores. Un Estado pode suplir a falta de materias primas e capitais
cunha sociedade traballadora.
·
Nega o intervencionismo económico do
Estado. Nega a
necesidade de intervención do Estado en economía, xa que o propio mercado
económico regulase por medio da Lei da Oferta e a Demanda. Esta lei
ofrece os elementos necesarios para regular todos os procesos económicos, xa
que sostén que a demanda dun produto regula o seu prezo, e non necesitamos que
un estado exerza un control sobre os prezos: iso vai contra os intereses económicos.
·
Defende como principio económico a
defensa da propiedade privada e individual, que debe ser a base da economía. Os liberais económicos sostén que a
propiedade privada é a base dun sistema económico sostible.
Isto condiciona que postulen a
eliminación dos feudos, xa que son entidades de propiedade familiar. O feudo
non lle pertence o individuo, senón que pertence a familia: este debe pasar
integro o seu seguinte membro. O señor feudal non ten a capacidade de vender
libremente as terras.
Para os liberais económicos esa
terra está nunha condición incorrecta para a innovación e o desenvolvemento
económico. Para que a economía prospere debe pasar de ser un dominio directo cara
unha propiedade privada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario