Dende os comezos da Idade Moderna houbo unha loita entre as diferentes potencias europeas por conseguir a hexemonía ou a supremacía política de Europa e das Colonias. Durante o século XVI a hexemonía quedou nas mans da monarquía española, baixo o control de Carlos I e Felipe II, pero xa no século XVII comezou a orientarse a unha loita por parte de Inglaterra e Francia (especialmente durante o reinado de Luis XIV).
Esta rivalidade levou a unha tensión entre España, que posuía importantes dominios territoriais en Europa e América, e esas potencias. Especialmente destacan os enfrontamentos con Francia, Inglaterra e os Países Baixos. Entre ambos había toda unha serie de rivalidades: políticas, económicas, relixiosas e familiares. As constantes guerras acaban desgastando ese enorme imperio español, e provocando que España sea, a finais do século XVII, unha potencia en decadencia.
Tras a perdida de peso de España, especialmente tras a Guerra de Sucesión Española (1700-1714), as novas potencias chegan a un sistema de equilibro continental, que foi impulsado por Inglaterra. O obxectivo desa política era que cada unha das potencias puidera desenvolverse con calma dentro do seu ámbito europeo, pero deixaba liberdade para os conflitos nas colonias. As guerras oriéntanse cara as colonias, onde son menos custosas para as economías absolutistas, polo menos o principio, e onde poden sacar moitos más beneficios.
Este equilibrio continental manifestouse en vario tratados, dos que podemos destacar o caso dos tratados de: Tratado de Utrecht (1713) e Tratado de Rastadt (1714).
Como xa mencionei o sistema de equilibrio non eliminou as guerras entre as potencias, pero en moitos casos trasladáronse as colonias. Pero en moitos casos aparecen novos conflitos como consecuencia de:
- As novas potencias (Rusia, Prusia, Austria,...) intentaron expandir o seu poder e formar imperios coloniais.
- As potencias tradicionais (España, Francia, Reino Unido) intentaron recuperar a primacía en Europa, ou polo menos non perder máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario