26 setembro 2015

A Guerra de Sucesión Española.




A Guerra de Sucesión Española.



Vamos a contar unha pequena historia sobre unha das dinastías, a dos Austrias, que lle deu a España os seus tempos máis gloriosos, pero tamén provocou unha tremenda crise. A dinastía dos Austrias comezou a reinar en España, tras o ascenso o trono de Filipe I, Filipe o Fermoso, e a súa esposa Xoana, a tola. Durante os que son coñecidos como os Austrias Maiores (Carlos I e Filipe II): España foi a potencia hexemónica no mundo; pero coa chegada dos Austrias Menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II): levounos a un proceso de decadencia.

Filipe de Anjou ou Filipe V
Imos a ocuparnos dun dese Austrias Menores, Carlos II, que non foi o peor dos tres, pero si foi a última peza que consolidou a caída da dinastía. O pobre de Carlos II naceu con moitos problemas físicos e mentais, como consecuencias da política matrimonial realizada polos seus antepasados: na que todos os matrimonios foron entre primos ou familiares próximos. Isto acaba provocando que nalgúns casos, como por exemplo no de Carlos II, houbo nenos que naceron con problemas de saúde.

No caso de Carlos II os problemas apareceron moi pronto, e xa sendo neno tivo moitos problemas de saúde, que provocaron que recibira o sobrenome de Carlos, el Hechizado. A súa nai intentou toda unha serie de remedios médicos e espirituais, mediante toda unha serie de exorcismos, para salvar o seu fillo. Pero nada fixo que o monarca conseguira mellorar. Un dos problemas máis importantes, e que afectou de forma moi importante a dinastía, foi a súa impotencia. Isto provocou que non tivera descendencia, e polo tanto un problema de sucesión.

Carlos de Austria.
O maior problema é que Carlos carecía de descendentes (irmáns ou sobriños) que puidesen asumir o reino, iso deixaba o trono a candidatos estranxeiros. Isto levou a que apareceran dous candidatos que sobresaían sobre os demais: Carlos de Austria (o Arquiduque Carlos de Habsburgo) e Felipe de Anjou (neto de Luís XIV de Francia). Ambos candidatos foron mal vistos polas autoridades españolas, pero o final Carlos II decidiu deixar o trono, no seu testamento, a Felipe de Anjou. Pero isto creou un enorme récelo dentro das potencias europeas, debido ó medo a que se creara unha unión dinástica entre España e Francia. Esta posible unión dinástica podía romper o equilibrio europeo, e iso provocou que Inglaterra, Países Baixos, Portugal e outras potencias europeas apoiaran a un candidato diferente ó trono español: o arquiduque Carlos de Habsburgo. O cal acabou provocando a Guerra de Sucesión Española.





A Guerra de Sucesión Española (1700-13).


A guerra de Sucesión Española ten unha dobre vertente: por un lado foi un conflito internacional, no que esta involucrado as grandes potencias europeas; e pola outra unha guerra civil, que enfrontou a Castela (apoiaba a Felipe de Anjou) e Aragón (defendía os dereitos o trono de Arquiduque Carlos de Habsburgo).

¿Cales foron as razóns polas que se converteu nun conflito internacional? Pois iso é moi sinxelo. España, pese a que se atopaba en decadencia era aínda unha gran potencia territorial, con enormes posesións  territoriais en Europa e en América. O feito de que España, unha potencia en decadencia, se unise con Francia, unha potencia en expansión: creou o medo a que se crease un gran imperio que dominara o mundo. Reinos como o de Austria, Inglaterra, os Países Baixo e Portugal temían que a unión política e militar de España e Francia provocase un desequilibrio. Motivo polo cal se crearon dous bandos: Felipe de Anjou apoiado por Francia de Luís XIV; e Carlos de Habsburgo apoiado pola Casa de Austria (Reino de Austria e o Sacro Imperio), Reino Unido, Portugal, Savoia, etc.

No caso da Coroa Española tiña unha dobre vertente: por un lado Castela desexaba a alianza con Francia, coa esperanza de recuperar a hexemonía en Europa; pero a Coroa de Aragón temía que a entrada de Felipe de Anjou introducise un absolutismo, que eliminase as súas tradicións leis. A coroa de Aragón temía que Felipe de Anjou impuxese un modelo de Estado Centralizado, máis parecido a Castela. Motivo polo cal buscaron un candidato máis afín ós seus interese: Arquiduque Carlos de Habsburgo. Este manifestou dende o comezo: a defensa dos foros tradicionais de Aragón.

Os acontecementos durante a Guerra de Sucesión foi diversa, pero o feito de que Carlos recibise o título de emperador do Sacro Imperio, tras a morte do seu irma, fixo cambiar a situación no ámbito internacionais. Os  aliados de Carlos de Habsburgo vían con medo a creación dun Imperio similar o de Carlos I, creando un novo Imperio dominio da Casa de Austria en Europa. Iso acabou determinando unha negociación na que se acabou por aceptar a Felipe de Anjou, como rei de España a cambio de toda unha serie de concesións.  Este acordos foron refrendados nos Tratados de Utrech (1713) e o Tratado de Rastatt (1714). A cambio de que Felipe fora aceptado como rei de España: debía renunciar os seus dereitos o trono de Francia e aceptar que nunca habería unha unión dinástica dos dous reinos. Como contraprestación debía aceptar concesións a outras potencias:

  • Reino Unido:  Recibía o control de Xibraltar e a Illa de Menorca. Ademais obtiña vantaxes comerciais coas colonias americanas.
  • Os Países Baixos: Liberdade comercial con Francia e a protección dos seus intereses.
  • A Casa de Austria: Faise co control dos dominios españois en Bélxica e Italia.
  • Savoia: Recibe a illa de Sicilia, aínda que logo a cambiara por Sardeña.

Pero aínda que no exterior as cousas estaban claras, no interior ten que ir sometendo pouco a pouco a cada un dos reinos rebeldes. Para sio fai sucesivas campañas militares que impoñen polas armas o poder de Filipe de Anjou, agora Filipe V. Tras a conquista realiza unha reforma das súas institucións: creando os “Decreto de Nueva Planta”, onde iguala as leis dos reinos da Coroa de Aragón ás de Castela. Pero de iso, xa falaremos máis adiante.











Ningún comentario:

Publicar un comentario