23 setembro 2015

Os cambios economicos durante a Idade Moderna: artesanado e comercio.



Na seguinte entrada vamos falar de dúas das actividades económicas, que van aa crecer en importancia a medida que avanzamos no século XVIII: o artesanado e e as actividades comerciais. Non digo con iso, que a agricultura perda peso, segue sendo a actividade económica máis importante, pero a medida que avanza o século XVIII estas conseguiron unha maior importancia, comparado co resto da Idade Moderna.
En boa medida creceu grazas a mellora na agricultura, ó aumento da poboación (que aumenta a demanda de produtos) e os procesos de desenvolvemento comercial coas colonias.

Actividade Artesanal.

Durante toda a Idade Moderna, e xa dende a Idade Media, as actividades artesanais concentráronse nas cidades, tendo especial importancia o peso dos talleres gremiais, que controlaban a maior parte da produción artesanal. Esta actividade artesanal adicábase principalmente as actividades metalúrxicas e téxtiles, realizadas segundo as técnicas dos talleres gremiais.
Pero cando falo de sistema gremial a que me refiro. Pois unha boa definición podía ser: 

Sistema Gremial. Os gremios son agrupacións de artesáns dedicados o mesmo oficio. Os gremios controlan a: a produción, o prezo dos produtos, o soldo dos traballadores, a comercialización, etc. Este sistema esta composto por: mestres, oficiais e aprendices.

Os gremios son institucións que controlan case todo a produción artesanal, pero a a medida que vamos avanzando cara o século XVIII podemos ver outros dous modelos de produción artesanal: o Domestic System e as Manufactura ou Fábricas Estatais.

Domestic System ou Traballo a Domicilio. 

Foi un sistema de produción artesanal creado por certos burgueses, que pretendían escapar do control dos gremios medievais. Unha das características dos gremios é que controlan a produción e quen pode realizada. Motivo polo que entrar en un gremio era unha cousa complicada moitas veces. Para esquivar isto, algúns burgueses decidiron reorientar a produción cara o campo, onde os gremios non tiñan autoridade.
O sistema consiste no seguinte:
  • Un comerciante dáballe a un campesiño materias primas e ferramentas para elaborar un produto.
  • A cambio do traballo o campesiño recibe un pequeno salario ou parte dos produtos elaborados. Eso dependía do acordo previo que fixeran o campesiño e o burgués.
  • Cando o produto esta rematado o burgués pasa a recoller a mercadoría e a vendela nunha cidade, porto ou mandala cara o exterior do país.
Este sistema trae toda unha serie de vantaxes para ambas partes.
O burgués:
  • Escapa do control dos gremios.
  • Pode ofrecer un produto por debaixo do prezo de mercado do gremio.
  • Ten que facer un gasto mínimo, e pode conseguir pingües beneficios.
O campesiño.
  • Pode conseguir unha fonte de ingresos extra.
  • Pode realizar o traballo nas épocas de descanso agrícola. Nesas épocas onde o campo ten que descansar (despois da sega, no inverno cando os campos descansan,etc.), pois poden adicarse a realizar esas actividades
  • As actividades (moitas das actividades téxtiles, por exemplo) poden ser realizado por membros da familia que non poden adicarse as actividades agrarias máis duras. Un bo exemplo son os anciáns (as mulleres, que se adican a fiado, coser, tecer, etc.

As Manufacturas ou Fábricas Estatais.

Ás veces as necesidades do Estado non estaban o servizo dos intereses particulares dos gremios, motivo polo cal moitos dos monarcas absolutos decidiron crear pequenas fábricas para a produción de certos obxectos que eles precisaban. En moitas ocasión podería tratarse de produtos esencias para o Estado, como poden ser o caso de fábricas de armamento, roupa para o exército, estaleiros para a creación de buques de guerra, etc. Pero en moitas outras ocasións podía tratarse simplemente de produtos de luxo ou suntuosos, que o monarca precisaba para o seus pazos, castelos ou intereses.
No caso dos primeiro exemplo podemos atoparnos con fábricas como a de Sargadelos, que comezou sendo un ferrería para a creación de armas para o exército; ou os estaleiros creados na cidade de Ferrol para a construción de buques para a armada.
No caso de Fábricas Reais destinadas a uso suntuario ou luxo temos: a fábrica da Cristais de San Ildefonso ou a fábrica de tapices de Santa Bárbara.

As actividades Comerciais.

As actividades comerciais creceron de forma espectacular o longo do século XVIII como consecuencia de:
  • Aumento da demanda. Esto ven unido ó aumento da poboación e o desenvolvemento das actividades agrícolas e artesanais.
  • A mellora dos medios de transporte e das infraestruturas. Destacou especialmente as melloras nos transportes marítimos, descantado a construción de barcos máis veloces e con maior capacidade de carga. Pero tamén melloraron os transportes terrestres grazas a melloras nas calzadas e a creación canles que facilitaron o transporte de mercadorías polo interior dos países.
Existen dúas modalidades de comercio: o comercio interior e o comercio exterior.

Comercio Interior.

Este é un comercio tradicional potenciado pola existencia de moitos mercados locais, que comunican o mundo rural coas cidades máis próximas; mentres que temos tamén esas Ferías Anuais, que reúne os grandes comerciantes en datas moi contadas. Neste último caso destacan as grandes feiras de orixe medieval como: a Feira da La de Medina del Campo, a Feira de Gando de Sevilla (Feira de Abril).

Comercio Internacional.

Xa durante a Idade Media creceu o comercio internacional, aínda máis durante a Idade Moderna grazas o descubrimento de América e a creación dese comercio colonial. Este chegou o seu apoxeo durante o século XVIII. O comercio europeo controlaba os grandes circuítos comerciais que comunicaban Europa con Asia, América e África.

Durante este comercio coas colonias, os europeos crearon un comercio colonial baixo o réxime de monopolio. As colonias só podían comerciar coa súa metrópole, a súa potencia colonial. Un bo exemplo son as colonias españolas, que en principio so se lles permite o comercio con España; ou por exemplo as colonias británicas só podían comerciar con Inglaterra.

As comercio internacional baseábase nunha serie de premisas moi sinxelas: a metrópole adquiría das colonias materias primas e a cambio vendíalle as colonias as manufacturas. Entre esas materias primas podemos atopar: metais preciosos, xoias, produtos tropicais (cacao, café, té, especies, etc.), téxtiles (algodón, seda, etc.), escravos e todo un conxunto de produtos básico.

O comercio internacional favoreceu o crecemento económico, potenciando: a circulación de moeda, a consolidación da banca, a creación de grandes compañías comerciais ou sociedades comerciais (como por exemplo a Compañía das Indias Orientais), a creación e consolidación de bolsas de valores, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario