24 setembro 2015

O Antigo Réxime e as súas características básicas.

O Antigo Réxime é o nome que recibe un período da Historia da Humanidade que existiu durante a Idade Moderna. O concepto, propiamente dito, foi inventado polos revolucionarios franceses para o período anterior a Revolución Francesa. Este máis ou menos se correspondería entre os séculos XVI e o XVIII.

Durante este período mantívose un sistema de goberno baseado no Absolutismo.  Este sistema político evolucionou debido a introdución da Ilustración, na que certas ideas políticas levaron a creación do Despotismo Ilustrado. Todo isto provocou unha serie de cambios que fixeron evolucionar a sociedade cara a Idade Contemporánea.

Para estes revolucionarios o sistema anterior esta baseado nos principio dun réxime baseado no abuso de certos grupos sociais (os privilexiados) sobre un grupo heteroxéneo coñecido como Terceiro Estado, grupo que engloba a todo o conxunto de persoas que non son considerados privilexiados: campesiños, artesáns, comerciantes, etc.

Esta planteando un sistema social que é herdanza da Idade Media, seguindo un sistema estamental onde existen privilexiados e non privilexiados. Este sistema era considerado inxusto e perniciosos para gran parte da sociedade, vendo como os membros máis ricos e poderosos do Terceiro Estado non podían acceder a certos ámbitos de poder e de prestixio social. Os membros deste grupo, o Terceiro Estado, pretenden cambiar a sociedade, e para

No ámbito económico plantexase un cambio no modelo da economía, coa aparición de varias teorías económicas: Mercantilismo, Fisiocracia e o Liberalismo Económico. Cada unha delas ten as súas peculiaridades e características, pero será o Liberalismo Económico o que se acaba impoñendo.


No ámbito ideolóxico van evolucionando as ideas dende unha mentalidade propia da Idade Media cara un racionalismo baseado na Ilustración, que marcara os aspectos económicos, políticos e sociais do período.

No caso da arte este período leva aparellado a evolución dende o Barroco cara o Rococó, e logo cara un Neoclásico, que servira de punto de partida a Idade Contemporánea.

Vamos a ir vendo cada un dos apartados de forma máis especifica, simplemente esta entrada serve como introdución o Tema 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario