"Corrente de pensamento que triunfou en Europa o longo do século XVIII, que ten como base o uso da Razón para resolver tódolos problemas da humanidade e acabar con toda a superstición e ignorancia no Mundo".
Debemos entender que a Ilustración non é simplemente unha corrente de pensamento, unha forma de expresar as ideas, senón que é unha nova forma de pensar o mundo. Os defensores da Ilustración ven como a súa época e a súa visión do mundo, non é a visión da sociedade na que viven. Eles pretenden cambiar ese mundo no que viven, para alcanzar un mundo mellor, onde a Razón e a Lóxica sexan as forzas que moven o mundo. Para eles un sistema no que a relixión, a sociedade estamental e unha economía atrasada polos intereses de certos grupos sociais non ten sentido: por ese motivo intentan cambiar o mundo cara algo mellor.
Características da Ilustración.
- Colocar a Razón como base principal de coñecemento, que implica unha critica ós dogmas establecidos pola relixión. Os ilustrados buscan unha sociedade na que imperase o uso da Razón e da Lóxica, pero iso non implica arredarse de Deus. Moitos dos Ilustrados creen en Deus e a existencia e a necesidade dunha relixión como algo importante para o home, pero negan que deban crerse cegamente en Deus. O coñecemento de Deus debe basearase no uso da Razón, xa que Deus é a Razón Fundamental do Mundo. Eles cuestionan claramente os principios establecidos pola relixión da súa época, xa que a relixión ten o control de demasiadas esferas de poder, pero sobre todo o que máis lle molesta é a imposición de certas normas por parte dunha xerarquía eclesiástica.Eles creen na existencia dunha relixión moito máis persoal, na que o propio individuo decida as súas normas libremente.
- Potenciar o optimismo sobre a capacidade do ser humano e a confianza desmedida no progreso constante da Humanidade. Os ilustrados cren na existencia de unha visión da humanidade na que o Home ou Ser Humano esta en un continuo progreso. Para eles o ser humano, por natureza, esta predestinado cara un futuro mellor, onde a Razón e a Lóxica se impoña. O uso da Razón levará o progreso científico, e como consecuencia levara a mellora da sociedade (economía, sociedade, política e cultura).
- Poñer en practica os descubrimentos científicos para mellorar a sociedade. A Razón debe usarse de modo realista e práctico, para iso o que queren os ilustrados teñen como obxectivo que os coñecementos científicos sexan aplicados a sociedade, como por exemplo nas actividades económicas: agricultura, artesanado e actividade comercial. Isto posibilitara o desenvolvemento da sociedade cara o progreso.
- Aplicar os principios filosóficos na sociedade e na política para mellorar a humanidade. Non é só usar os principios da Ilustración na economía e nas cousas prácticas, senón que tamén aplicalo a sociedade, para facer unha sociedade máis xusta e funcional. Esto aplicase a crear un novo modelo de sociedade, que rompa co modelo de sociedade estamental; pero tamén en política, mediante a implantación de teorías de Montesquieu, Rousseau e Voltaire. Estas verémolas máis polo miúdo en seguintes entradas.
- Valorar a Educación como mellor medio de progreso da sociedade. A educación é o mellor medio para a difusión das ideas de progreso e a forma de implantar un modelo no que se usa a Razón. Os ilustrados crían que a educación é o mellor medio para que a sociedade cambie, xa que a educación das novas xeración posibilitará o avance nos coñecementos científicos, os principios de cambio social e político, e a difusión da Razón como directriz básica das sociedades. Esta Educación debe basearse no uso da Razón e debe estar controlada polo Estado, arredando a Igrexa de calquera control sobre as novas xeracións.
A ilustración baseouse nos principios do racionalismo de Descartes, pero os principais pensadores da Ilustración poden considerarse: Voltaire, Descartes, Rousseau, Montesquieu, Diderot,…. Os cales iremos explicando con calma.
O principios da Ilustración tiveron problemas para difundirse dentro dos sistemas oficiais da educación pola oposiicón do Absolutismo e a Igrexia, que vían na Ilustración como un perigo para o seu poder dentro da sociedade. Para a súa difusión tivo que usar novos circuítos: salóns, a masonería, a prensa e as publicación, etc. Dentro deste aspecto destacabon a aparición de sociedades secretas como a Masoneria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario