Nesta entrada vouvos deixar o esquema que entreguei en clase, por se alguén o perdeu o quere volver a imprimilo. Déixovolo de dúas formas: como un enlace para googledrive (aquí para velo e descargalo) e para poder verlo online a través de Scrib.
ESQUEMA SOBRE O ANTIGO RÉXIME.
26 setembro 2015
A Guerra de Sucesión Española.
A Guerra de Sucesión Española.
Vamos a contar unha pequena historia sobre unha das
dinastías, a dos Austrias, que lle deu a España os seus tempos máis gloriosos,
pero tamén provocou unha tremenda crise. A dinastía dos Austrias comezou a
reinar en España, tras o ascenso o trono de Filipe I, Filipe o Fermoso, e a súa
esposa Xoana, a tola. Durante os que son coñecidos como os Austrias Maiores
(Carlos I e Filipe II): España foi a potencia hexemónica no mundo; pero coa
chegada dos Austrias Menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II): levounos a un
proceso de decadencia.
![]() |
Filipe de Anjou ou Filipe V |
Imos a ocuparnos dun dese Austrias Menores, Carlos II, que
non foi o peor dos tres, pero si foi a última peza que consolidou a caída da dinastía.
O pobre de Carlos II naceu con moitos problemas físicos e mentais, como
consecuencias da política matrimonial realizada polos seus antepasados: na que
todos os matrimonios foron entre primos ou familiares próximos. Isto acaba
provocando que nalgúns casos, como por exemplo no de Carlos II, houbo nenos que
naceron con problemas de saúde.
No caso de Carlos II os problemas apareceron moi pronto, e
xa sendo neno tivo moitos problemas de saúde, que provocaron que recibira o
sobrenome de Carlos, el Hechizado. A súa nai intentou toda unha serie de
remedios médicos e espirituais, mediante toda unha serie de exorcismos, para
salvar o seu fillo. Pero nada fixo que o monarca conseguira mellorar. Un dos
problemas máis importantes, e que afectou de forma moi importante a dinastía,
foi a súa impotencia. Isto provocou que non tivera descendencia, e polo tanto
un problema de sucesión.
![]() |
Carlos de Austria. |
O maior problema é que Carlos carecía de descendentes
(irmáns ou sobriños) que puidesen asumir o reino, iso deixaba o trono a
candidatos estranxeiros. Isto levou a que apareceran dous candidatos que
sobresaían sobre os demais: Carlos de Austria (o Arquiduque
Carlos de Habsburgo) e Felipe de Anjou (neto de Luís XIV de
Francia). Ambos candidatos foron mal vistos polas autoridades españolas, pero o
final Carlos II decidiu deixar o trono, no seu testamento, a Felipe de Anjou.
Pero isto creou un enorme récelo dentro das potencias europeas, debido ó medo a
que se creara unha unión dinástica entre España e Francia. Esta posible unión
dinástica podía romper o equilibrio europeo, e iso provocou que Inglaterra,
Países Baixos, Portugal e outras potencias europeas apoiaran a un candidato diferente
ó trono español: o arquiduque Carlos de Habsburgo. O cal acabou provocando a Guerra
de Sucesión Española.
A Guerra de Sucesión Española (1700-13).
A guerra de Sucesión Española ten unha dobre vertente: por
un lado foi un conflito internacional, no que esta involucrado as grandes
potencias europeas; e pola outra unha guerra civil, que enfrontou a Castela
(apoiaba a Felipe de Anjou) e Aragón (defendía os dereitos o trono de
Arquiduque Carlos de Habsburgo).
¿Cales foron as razóns polas que se converteu nun conflito
internacional? Pois iso é moi sinxelo. España, pese a que se atopaba en
decadencia era aínda unha gran potencia territorial, con enormes posesións territoriais en Europa e en América. O feito
de que España, unha potencia en decadencia, se unise con Francia, unha potencia
en expansión: creou o medo a que se crease un gran imperio que dominara o
mundo. Reinos como o de Austria, Inglaterra, os Países Baixo e Portugal temían
que a unión política e militar de España e Francia provocase un desequilibrio.
Motivo polo cal se crearon dous bandos: Felipe de Anjou apoiado por Francia de
Luís XIV; e Carlos de Habsburgo apoiado pola Casa de Austria (Reino de Austria
e o Sacro Imperio), Reino Unido, Portugal, Savoia, etc.
No caso da Coroa Española tiña unha dobre vertente: por un
lado Castela desexaba a alianza con Francia, coa esperanza de recuperar a
hexemonía en Europa; pero a Coroa de Aragón temía que a entrada de Felipe de
Anjou introducise un absolutismo, que eliminase as súas tradicións leis. A coroa
de Aragón temía que Felipe de Anjou impuxese un modelo de Estado Centralizado,
máis parecido a Castela. Motivo polo cal buscaron un candidato máis afín ós
seus interese: Arquiduque Carlos de Habsburgo. Este manifestou dende o comezo:
a defensa dos foros tradicionais de Aragón.
Os acontecementos durante a Guerra de Sucesión foi diversa,
pero o feito de que Carlos recibise o título de emperador do Sacro Imperio,
tras a morte do seu irma, fixo cambiar a situación no ámbito internacionais.
Os aliados de Carlos de Habsburgo vían
con medo a creación dun Imperio similar o de Carlos I, creando un novo Imperio
dominio da Casa de Austria en Europa. Iso acabou determinando unha negociación
na que se acabou por aceptar a Felipe de Anjou, como rei de España a cambio de
toda unha serie de concesións. Este
acordos foron refrendados nos Tratados de Utrech (1713) e o
Tratado de Rastatt (1714). A cambio de que Felipe fora aceptado como
rei de España: debía renunciar os seus dereitos o trono de Francia e aceptar
que nunca habería unha unión dinástica dos dous reinos. Como contraprestación
debía aceptar concesións a outras potencias:
- Reino Unido: Recibía o control de Xibraltar e a Illa de Menorca. Ademais obtiña vantaxes comerciais coas colonias americanas.
- Os Países Baixos: Liberdade comercial con Francia e a protección dos seus intereses.
- A Casa de Austria: Faise co control dos dominios españois en Bélxica e Italia.
- Savoia: Recibe a illa de Sicilia, aínda que logo a cambiara por Sardeña.
Pero aínda que no exterior as cousas estaban claras, no
interior ten que ir sometendo pouco a pouco a cada un dos reinos rebeldes. Para
sio fai sucesivas campañas militares que impoñen polas armas o poder de Filipe
de Anjou, agora Filipe V. Tras a conquista realiza unha reforma das súas institucións:
creando os “Decreto de Nueva Planta”, onde iguala as leis dos reinos da Coroa
de Aragón ás de Castela. Pero de iso, xa falaremos máis adiante.
24 setembro 2015
O Absolutismo.
¿Que entendemos por Absolutismo?
Pois dende sempre considerase un sistema político propio de moitas potencias europeas do século XVII e XVIII, que se baseou nunha serie de características:
O monarca presenta un enorme poder, no que o monarca concentra todos os poderes e no que se considera que o seu poder é concedido por Deus. En moitos casos considerarse que "é rei pola gracia de Deus". Esta é unha frase moi recorrente para explicar os enormes poderes do monarca. O poder do monarca non pode ser discutido, xa que Deus lle deu ese poder.
Estes enormes poderes inclúen: a capacidade de lexislar (impoñer leis), gobernaba nos asuntos diarios, administraba a xustiza, dirixía a política económica do seu reino, controlaba a Facenda e o control dos impostos, o mando sobre o exército, etc.
Para mellorar o control sobre o seu reino intentou levar a cabo:
- Un proceso de centralización de
todo o goberno e administración na Corte. Neste proceso de centralización o monarca intenta aumentar o seu poder dentro do Estado, reorganizando todo o sistema para que todo pase polas súas mans, ou polo menos por persoas afíns a el. Para iso realiza todo un proceso de centralización, onde todo ten que orientarse cara o monarca e o seus persoeiros afíns. Todo debe centrarse na persoa do monarca, xa que el é o centro de todo o sistema político. No caso do goberno e a administración vese que o monarca e o centro de todas as funcións de goberno e o centro de todo o complexo administrativo que xestiona o reino.
- Aumento da burocratización, que
agora depende totalmente da Corte e do Rei. O proceso de centralización leva implícito un aumento do persoal adicado o control e o goberno do reino. Para que o control do monarca sexa máis eficiente ten que aumentar o persoal adicado a cubrir todas esas funcións de goberno.
- Eliminación dos parlamentos rexionais, unificando as leis e os impostos de tódolos territorios do Estado. O monarca para aumentar o seu poder sobre o reino, intenta limitar o poder das vellas institucións medievais (Parlamentos ou leis forais). Para poder limitar este poder o monarca intenta convocar o mínimo as Cortes ou Parlamentos, evitando que os grupos privilexiados poidan influír na súa política por medio das votacións. O mesmo tempo, intenta unificar as leis para que todo o seu territorio estivera marcado polas mesmas normas; en moitos casos estes intentos non funcionaron completamente, pero si permitiron ó monarca aumentar o seu poder de forma considerable.
- A alta nobreza e alto clero arredase dos altos cargos do goberno e da administración. O obxectivo deste punto é disminuir o peso dos privilexiados dentro da esfera de poder política alonxando a os poderosos do poder político, para que o monarca teña o máximo poder posible. Estes membros da alta nobreza e alto clero son substituídos pola baixa nobreza, que depende totalmente do rei e lle é leal. Nalgúns casos poden aparecer membros da burguesía, pero en escaso número e en postos de poder secundarios.
Dentro dos grandes monarcas absolutistas, podemos ver dous bos exemplos:

Dento deste sistema de goberno o papel da poboación, a dos súbditos, en política consiste na submisión dos designios do monarca e a
participación dos seus representantes nos Parlamentos (Cortes, Dietas, Estados
Xerais,…) aprobando os novos impostos solicitados polo rei. Aínda que en realidade non poden dicir nin facer moito.
Bases teóricas do absolutismo:
O absolutismo non ten exactamente ningún filosofo que plasme as súas teorías, pero si se inspira en toda unha serie de autores dentro dos cales os máis destacados son:
- Bossuet. O poder perténcelle o rei por designio divino.
- Bodino e Hobbes. O rei é un elemento de equilibrio que permite que a orde social funcione de forma axeitada, e que evita o abuso dos intereses individuais.
Existiron toda unha serie de criticas o Absolutismo, mantido nas ideas da Ilustración e nas reformas que levaron o Despotismo Ilustrado, das cales falarei nunha entrada posterior.
A Ilustración
Na seguinte entrada vamos a tratar o tema da Ilustración para iso vou comezar cunha pequena definición sobre a Ilustración:
"Corrente de pensamento que triunfou en Europa o longo do século XVIII, que ten como base o uso da Razón para resolver tódolos problemas da humanidade e acabar con toda a superstición e ignorancia no Mundo".
Debemos entender que a Ilustración non é simplemente unha corrente de pensamento, unha forma de expresar as ideas, senón que é unha nova forma de pensar o mundo. Os defensores da Ilustración ven como a súa época e a súa visión do mundo, non é a visión da sociedade na que viven. Eles pretenden cambiar ese mundo no que viven, para alcanzar un mundo mellor, onde a Razón e a Lóxica sexan as forzas que moven o mundo. Para eles un sistema no que a relixión, a sociedade estamental e unha economía atrasada polos intereses de certos grupos sociais non ten sentido: por ese motivo intentan cambiar o mundo cara algo mellor.
Características da Ilustración.
A ilustración baseouse nos principios do racionalismo de Descartes, pero os principais pensadores da Ilustración poden considerarse: Voltaire, Descartes, Rousseau, Montesquieu, Diderot,…. Os cales iremos explicando con calma.
O principios da Ilustración tiveron problemas para difundirse dentro dos sistemas oficiais da educación pola oposiicón do Absolutismo e a Igrexia, que vían na Ilustración como un perigo para o seu poder dentro da sociedade. Para a súa difusión tivo que usar novos circuítos: salóns, a masonería, a prensa e as publicación, etc. Dentro deste aspecto destacabon a aparición de sociedades secretas como a Masoneria.
"Corrente de pensamento que triunfou en Europa o longo do século XVIII, que ten como base o uso da Razón para resolver tódolos problemas da humanidade e acabar con toda a superstición e ignorancia no Mundo".
Debemos entender que a Ilustración non é simplemente unha corrente de pensamento, unha forma de expresar as ideas, senón que é unha nova forma de pensar o mundo. Os defensores da Ilustración ven como a súa época e a súa visión do mundo, non é a visión da sociedade na que viven. Eles pretenden cambiar ese mundo no que viven, para alcanzar un mundo mellor, onde a Razón e a Lóxica sexan as forzas que moven o mundo. Para eles un sistema no que a relixión, a sociedade estamental e unha economía atrasada polos intereses de certos grupos sociais non ten sentido: por ese motivo intentan cambiar o mundo cara algo mellor.
Características da Ilustración.
- Colocar a Razón como base principal de coñecemento, que implica unha critica ós dogmas establecidos pola relixión. Os ilustrados buscan unha sociedade na que imperase o uso da Razón e da Lóxica, pero iso non implica arredarse de Deus. Moitos dos Ilustrados creen en Deus e a existencia e a necesidade dunha relixión como algo importante para o home, pero negan que deban crerse cegamente en Deus. O coñecemento de Deus debe basearase no uso da Razón, xa que Deus é a Razón Fundamental do Mundo. Eles cuestionan claramente os principios establecidos pola relixión da súa época, xa que a relixión ten o control de demasiadas esferas de poder, pero sobre todo o que máis lle molesta é a imposición de certas normas por parte dunha xerarquía eclesiástica.Eles creen na existencia dunha relixión moito máis persoal, na que o propio individuo decida as súas normas libremente.
- Potenciar o optimismo sobre a capacidade do ser humano e a confianza desmedida no progreso constante da Humanidade. Os ilustrados cren na existencia de unha visión da humanidade na que o Home ou Ser Humano esta en un continuo progreso. Para eles o ser humano, por natureza, esta predestinado cara un futuro mellor, onde a Razón e a Lóxica se impoña. O uso da Razón levará o progreso científico, e como consecuencia levara a mellora da sociedade (economía, sociedade, política e cultura).
- Poñer en practica os descubrimentos científicos para mellorar a sociedade. A Razón debe usarse de modo realista e práctico, para iso o que queren os ilustrados teñen como obxectivo que os coñecementos científicos sexan aplicados a sociedade, como por exemplo nas actividades económicas: agricultura, artesanado e actividade comercial. Isto posibilitara o desenvolvemento da sociedade cara o progreso.
- Aplicar os principios filosóficos na sociedade e na política para mellorar a humanidade. Non é só usar os principios da Ilustración na economía e nas cousas prácticas, senón que tamén aplicalo a sociedade, para facer unha sociedade máis xusta e funcional. Esto aplicase a crear un novo modelo de sociedade, que rompa co modelo de sociedade estamental; pero tamén en política, mediante a implantación de teorías de Montesquieu, Rousseau e Voltaire. Estas verémolas máis polo miúdo en seguintes entradas.
- Valorar a Educación como mellor medio de progreso da sociedade. A educación é o mellor medio para a difusión das ideas de progreso e a forma de implantar un modelo no que se usa a Razón. Os ilustrados crían que a educación é o mellor medio para que a sociedade cambie, xa que a educación das novas xeración posibilitará o avance nos coñecementos científicos, os principios de cambio social e político, e a difusión da Razón como directriz básica das sociedades. Esta Educación debe basearse no uso da Razón e debe estar controlada polo Estado, arredando a Igrexa de calquera control sobre as novas xeracións.
A ilustración baseouse nos principios do racionalismo de Descartes, pero os principais pensadores da Ilustración poden considerarse: Voltaire, Descartes, Rousseau, Montesquieu, Diderot,…. Os cales iremos explicando con calma.
O principios da Ilustración tiveron problemas para difundirse dentro dos sistemas oficiais da educación pola oposiicón do Absolutismo e a Igrexia, que vían na Ilustración como un perigo para o seu poder dentro da sociedade. Para a súa difusión tivo que usar novos circuítos: salóns, a masonería, a prensa e as publicación, etc. Dentro deste aspecto destacabon a aparición de sociedades secretas como a Masoneria.
O Antigo Réxime e as súas características básicas.
O Antigo Réxime é o nome que recibe un período da Historia da Humanidade que existiu durante a Idade Moderna. O concepto, propiamente dito, foi inventado polos revolucionarios franceses para o período anterior a Revolución Francesa. Este máis ou menos se correspondería entre os séculos XVI e o XVIII.
Durante este período mantívose un sistema de goberno baseado no Absolutismo. Este sistema político evolucionou debido a introdución da Ilustración, na que certas ideas políticas levaron a creación do Despotismo Ilustrado. Todo isto provocou unha serie de cambios que fixeron evolucionar a sociedade cara a Idade Contemporánea.
Para estes revolucionarios o sistema anterior esta baseado nos principio
dun réxime baseado no abuso de certos grupos sociais (os privilexiados)
sobre un grupo heteroxéneo coñecido como Terceiro Estado, grupo que
engloba a todo o conxunto de persoas que non son considerados
privilexiados: campesiños, artesáns, comerciantes, etc.
Esta planteando un sistema social que é herdanza da Idade Media, seguindo un sistema estamental onde existen privilexiados e non privilexiados. Este sistema era considerado inxusto e perniciosos para gran parte da sociedade, vendo como os membros máis ricos e poderosos do Terceiro Estado non podían acceder a certos ámbitos de poder e de prestixio social. Os membros deste grupo, o Terceiro Estado, pretenden cambiar a sociedade, e para
No ámbito económico plantexase un cambio no modelo da economía, coa aparición de varias teorías económicas: Mercantilismo, Fisiocracia e o Liberalismo Económico. Cada unha delas ten as súas peculiaridades e características, pero será o Liberalismo Económico o que se acaba impoñendo.
No ámbito ideolóxico van evolucionando as ideas dende unha mentalidade propia da Idade Media cara un racionalismo baseado na Ilustración, que marcara os aspectos económicos, políticos e sociais do período.
No caso da arte este período leva aparellado a evolución dende o Barroco cara o Rococó, e logo cara un Neoclásico, que servira de punto de partida a Idade Contemporánea.
Vamos a ir vendo cada un dos apartados de forma máis especifica, simplemente esta entrada serve como introdución o Tema 1.
No ámbito ideolóxico van evolucionando as ideas dende unha mentalidade propia da Idade Media cara un racionalismo baseado na Ilustración, que marcara os aspectos económicos, políticos e sociais do período.
No caso da arte este período leva aparellado a evolución dende o Barroco cara o Rococó, e logo cara un Neoclásico, que servira de punto de partida a Idade Contemporánea.
Vamos a ir vendo cada un dos apartados de forma máis especifica, simplemente esta entrada serve como introdución o Tema 1.
As Relacións Internacionais durante o fin da Idade Moderna.
Dende os comezos da Idade Moderna houbo unha loita entre as diferentes potencias europeas por conseguir a hexemonía ou a supremacía política de Europa e das Colonias. Durante o século XVI a hexemonía quedou nas mans da monarquía española, baixo o control de Carlos I e Felipe II, pero xa no século XVII comezou a orientarse a unha loita por parte de Inglaterra e Francia (especialmente durante o reinado de Luis XIV).
Esta rivalidade levou a unha tensión entre España, que posuía importantes dominios territoriais en Europa e América, e esas potencias. Especialmente destacan os enfrontamentos con Francia, Inglaterra e os Países Baixos. Entre ambos había toda unha serie de rivalidades: políticas, económicas, relixiosas e familiares. As constantes guerras acaban desgastando ese enorme imperio español, e provocando que España sea, a finais do século XVII, unha potencia en decadencia.
Tras a perdida de peso de España, especialmente tras a Guerra de Sucesión Española (1700-1714), as novas potencias chegan a un sistema de equilibro continental, que foi impulsado por Inglaterra. O obxectivo desa política era que cada unha das potencias puidera desenvolverse con calma dentro do seu ámbito europeo, pero deixaba liberdade para os conflitos nas colonias. As guerras oriéntanse cara as colonias, onde son menos custosas para as economías absolutistas, polo menos o principio, e onde poden sacar moitos más beneficios.
Este equilibrio continental manifestouse en vario tratados, dos que podemos destacar o caso dos tratados de: Tratado de Utrecht (1713) e Tratado de Rastadt (1714).
Como xa mencionei o sistema de equilibrio non eliminou as guerras entre as potencias, pero en moitos casos trasladáronse as colonias. Pero en moitos casos aparecen novos conflitos como consecuencia de:
- As novas potencias (Rusia, Prusia, Austria,...) intentaron expandir o seu poder e formar imperios coloniais.
- As potencias tradicionais (España, Francia, Reino Unido) intentaron recuperar a primacía en Europa, ou polo menos non perder máis.
23 setembro 2015
Outros sistemas políticos alternativos ó Absolutismo e o Despotismo Ilustrado.
Ademais do Absolutismo e o Despotismo Ilustrado existen en Europa outros modelos de Estado que están vixentes durante a Idade Moderna. Ambos son casos peculiares que se arredan dos modelos tradicionais en Europa, e que lle dan unha perspectiva especial dentro da súa propia historia.
Existen dous estados que se arredan dos modelos absolutistas: Gran Bretaña e a República das Provincias Unidas (Holanda).
O seu modelo teórico basease nas teorías propostas por Locke, defensor do parlamentarismo. El sostén que:
- Os individuos cédenlle a soberanía a nación, ou sociedade, como medio de protexer a liberdade e a propiedade.
- A nación ou a sociedade esta representada no parlamento, que ten a capacidade de elabora as leis.
- O rei exerce o goberno diario, e serve de equilibrio e contrapeso conta o abuso dos poderosos.
- Os súbditos, que seguen posuíndo a soberanía, poden opoñerse a un goberno cando este non cumpre as funcións ou realiza un mal goberno.
O Despotismo Ilustrado.
Sistema político
propio do século XVIII, que reformula absolutismo mediante os principios da
Ilustración. O Antigo Réxime foi criticado pola Ilustración dende varios puntos de vista, e os monarcas
intentaron contentar mediante unha pequena reformulación coñecida co nome de Despotismo Ilustrado. O obxectivo deste Despotismo Ilustrado é aumentar o poder, a riqueza e a importancia do reino, e polo tanto aumentar o poder do monarca.
Este Despotismo Ilustrado intenta conciliar as ideas da Ilustración, ou polo menos aquelas ideas da Ilustración que o monarca consideraba interesantes, co seu goberno. Isto leva a que o monarca organiza un goberno de carácter "despótico", no que o monarca exerce o poder sen limitacións de ningún tipo, aínda que usa certos aspectos da Ilustración. Este goberno ten uns principios básicos, no que o monarca exerce este poder polo ben da sociedade e o progreso dos seus habitantes, pero o monarca non ten en conta ningunha das persoas ou grupos na toma de decisións. Esta teoría defínese nunha pequena frase, que manifesta toda esta teoría: "Todos para o pobo, pero sen o pobo".
Para a implantación destas medidas Ilustradas o monarcas van centrarse nas medidas para incentivar a aplicación dos coñecementos científicos a sociedade e a implantación de toda unha serie de melloras para incentivar a economía e a riqueza do país.
Este Despotismo Ilustrado intenta conciliar as ideas da Ilustración, ou polo menos aquelas ideas da Ilustración que o monarca consideraba interesantes, co seu goberno. Isto leva a que o monarca organiza un goberno de carácter "despótico", no que o monarca exerce o poder sen limitacións de ningún tipo, aínda que usa certos aspectos da Ilustración. Este goberno ten uns principios básicos, no que o monarca exerce este poder polo ben da sociedade e o progreso dos seus habitantes, pero o monarca non ten en conta ningunha das persoas ou grupos na toma de decisións. Esta teoría defínese nunha pequena frase, que manifesta toda esta teoría: "Todos para o pobo, pero sen o pobo".
Para a implantación destas medidas Ilustradas o monarcas van centrarse nas medidas para incentivar a aplicación dos coñecementos científicos a sociedade e a implantación de toda unha serie de melloras para incentivar a economía e a riqueza do país.
Características básicas:
- Intenta conciliar o Absolutismo cos ideas da Ilustración. Os monarcas absolutistas son conscientes das moitas vantaxes que poden outórgalle os principios da Ilustración para facer máis poderosos e máis rico o seu reino. Este motivo lévalles a intentar
- O monarca segue conservando o poder absoluto, pero intenta implantar toda unha serie de reformas (económicas, agrícolas, industriais, culturais, educativas, artísticas, etc.) para mellorar o pais.
- Potencia a Industria nacional por medio do apoio estatal e a creación de Fabricas Reais.
- Intenta levar a cabo a modernización da agricultura.
- Impulsou o comercio mediante a mellora dos medios de comunicación e as infraestruturas.
- Impulsa co coñecemento científico (mediante a creación de Universidades e Academias) e o desenvolvemento do Sistema Educativo.
- Aumenta o proceso de centralización da administración.
- Incrementa a profesionalidade do exército.
- Consolida o sometemento da nobreza e o clero ó rei.
- Intenta mellorar as condición de vida do Terceiro Estado.
- Desenvolvese de forma desigual o longo de Europa:
- Francia: Luís XV.
- España: Carlos III.
- Prusia: Federico II.
- Rusia: Catarina, a Grande.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)